III
Certame de Divulgación Mulleres de Lemos
O Colectivo
Lemos Le
formado polas Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra do Brollón,
Bóveda, O Saviñao e Sober e as bibliotecas escolares e Equipos de
Dinamización e Normalización Lingüística do CEIP A Gándara, CEIP
A Pobra do Brollón, CEIP Colexio Novo, CEIP Monte Baliño, CEIP
Virxe do Carme, EEI Infanta Elena e IES Daviña Rey; convoca
a terceira edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos
coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas
relevantes na historia das Terras de Lemos.
Cada
ano escollerase a figura dunha muller que fora relevante na historia
das Terras de Lemos, que nacera, vivira ou morrera na comarca, ou
cuxa vida estivera moi relacionada con ela. Intentarase que cada
convocatoria sexa dedicada a unha muller dunha localidade diferente.
Este
certame rexerase polas seguintes bases:
Primeira.-
O certame deste ano versará sobre a figura de Lola
de Penelas.
Segunda.-
Establécense 2 modalidades:
a.
Banda
deseñada
para participantes de 12 a 18 anos, e
b.
Traballo
de divulgación
en calquera xénero literario para participantes a partir de 18
anos.
Terceira.-
Poderá concorrer a este certame calquera persoa que presente o seu
traballo en lingua galega. Só se poderá presentar un traballo por
persoa.
Cuarta.-
Os traballos presentados ademais de seren inéditos e totalmente
orixinais, non poderán ter sido publicados ou divulgados en todo ou
en parte por calquera medio físico ou electrónico. Os traballos
presentados deberán aterse á:
a.
extensión mínima de 2 páxinas e máxima de 4 páxinas para Banda
deseñada e en branco e negro
b.
extensión mínima de 10 páxinas e máxima de 25 páxinas para
Traballo de divulgación,
en
tamaño de folio DIN A4 mecanografados por unha soa cara, a dobre
espazo e tamaño de letra 12.
Quinta.-
Cada un dos traballos presentarase nunha copia en papel e nunha copia
en formato dixital (tiff, jpg, doc ou pdf). Non se admitirán
manuscritos do Traballo de divulgación.
Sexta.-
O prazo de presentación rematará o 30 de maio. Os traballos serán
presentados en calquera biblioteca municipal ou escolar dos centros
educativos da comarca de Lemos integrados no colectivo Lemos Le.
Sétima.-
Os traballos presentaranse nun sobre pechado, identificados por un
lema ou título e asinados cun pseudónimo. Noutro sobre en cuxo
exterior figure o pseudónimo, incluirase unha folla co nome,
apelidos e NIF, os enderezos postal e electrónico e os teléfonos de
contacto da persoa autora do traballo de xeito que lle facilite á
organización pórse en contacto con ela. As persoas menores de idade
deberán achegar a autorización dunha persoa maior de idade que
exerza como representante legal (ANEXO I).
No caso de
remitirse as obras por correo postal a calquera das bibliotecas
indicadas na base sexta, indicarase no sobre claramente “para
participar no Certame de Divulgación Mulleres de Lemos”.
Oitava.-
O xurado estará formado por 3 persoas entendidas na materia. O
premio único outorgarase por maioría simple de votos. Actuará como
secretario/a do xurado con voz pero sen voto unha persoa designada
polo colectivo Lemos Le.
Novena.-
Calquera incidencia ocasionada pola interpretación destas bases será
solucionada pola maioría simple dos membros do xurado. A decisión
do xurado, que será inapelable, darase a coñecer ó longo do mes de
outubro; mes da biblioteca.
Décima.-
Concederase un único premio en cada categoría, segundo o criterio
do Xurado. O xurado poderá declarar deserta algunha das categorías
ou nomear un accésit por categoría se a calidade dos traballos
presentados fai que así o estime oportuno.
Os premios
consistirán en: diploma, 1 lote de libros, 1 lote de produtos da
Ribeira Sacra e unha peza de artesanía local conmemorativa do
certame.
Undécima.-
A entrega do premio terá lugar nun acto público que se celebrará o
24 de outubro, Día das Bibliotecas.
Duodécima.-
As obras gañadoras quedarán en propiedade do Colectivo Lemos Le. Os
orixinais non premiados poderanse recuperar con cargo ás persoas
autoras concorrentes, pasados 15 días da data de entrega de premios.
Os orixinais que non fosen retirados neste prazo destruiranse.
Decimoterceira.-
O Colectivo Lemos Le ten a potestade de publicar unha antoloxía coas
mellores obras presentadas ó concurso, para o cal, cada participante
polo mero feito de se presentar, concede autorización tácita ó
colectivo para a publicación do seu orixinal.
Decimocuarta.-
A participación neste certame supón a completa aceptación das
presentes bases e máis das decisións do xurado que se designe.
Monforte
de Lemos, 8 de marzo de 2016
ANEXO
I
Autorización
de participación para menores de idade
Don/a___________________________________con
DNI núm. ________________, como representante legal de
____________________________________, menor de idade, doulle a miña
autorización para presentarse ó Certame de Divulgación Mulleres de
Lemos.
__________________,
____ de ___________________ de 2016
Don/a___________________________________con
DNI núm. ________________, como representante legal de
____________________________________, menor de idade, doulle a miña
autorización ao Colectivo Lemos Le a reproducir e distribuír as
imaxes do meu fillo/a derivadas da súa intervención nas actividades
arriba mencionadas, en calquera dos formatos existentes, tanto
clásicos (prensa, televisión, vídeo, DVD, etc.) como relacionados
cos novos medios informáticos de redes de telecomunicación (páxinas
de internet e blogs)
__________________,
____ de ___________________ de 2016