Amplíase ao 15 DE OUTUBRO o prazo do VI Certame Mulleres de Lemos convocado por este colectivo coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras relevantes na historia das Terras de Lemos.
Recordamos que o certame está dedicado a Inés Fernández, abadesa de eiré no século XV, como representante do poder das mulleres nos conventos de Galicia na época medieval xa que incluso chegou a enfrontarse ás normas ditadas polos Reis Católicos.
As modalidades nas que se amplía o prazo son:
- BANDA DESEÑADA: para Secundaria e Bacharelato na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo que plasme a historia de Inés Fernández (extensión mínima: 2 páxinas)
- DIVULGACIÓN: modalidade destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do Certame (extensión máxima 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12)