A libraría Agrasar deste colectivo acaba de lanzar L∃EMOS, un novo selo editorial co que pretenden abrirse a diversas temáticas e estilos literarios ampliando o seu alcance como editores.
MOITA SORTE, COMPAÑEIROS!!
https://xornaldelemos.gal/cultura/66208-66208/
Este é a décima xuntanza de confraternidade que organizamos desde o Colectivo Lemos Le para fomentar o papel das bibliotecas escolares e municipais.
Para esta ocasión quixemos desprazarnos ata o concello de A Pobra do Brollón xa que queremos dedicarlle o curso á tradición oral (elixida como protagonista do Día das Letras Galegas 2025), concretamente ás regueifas e aos brindos que son tradicionais deste Concello.
Ademais puidemos coñecer o seu traballo de primeira man e decatarnos da importancia que ten o labor que están facendo para que non se esqueza toda a riqueza oral que teñen nese concello.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE NOS ACOMPAÑASTES NESTA XUNTANZA!!
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!
Manola Porto, entrevista no seu programa Más de uno Monforte de Onda Cero á nosa compañeira Julia Fernández Garza que é bibliotecaria da Biblioteca Pública Municipal de Sober, para falar sobre a celebración do Día das Bibliotecas.
Podedes escoitar a súa entrevista no seguinte enlace a partir do minuto 16
MOITAS GRAZAS A ONDA CERO POR FACERSE ECO DA NOSA CELEBRACIÓN!
Nas súas redes sociais o colectivo Erre que erre defínese como "unha plataforma que coordina as actuacións de diferentes formadores e formadoras en improvisación oral e que mantén como filosofía que se hai algo que está sen facer, o mellor é facelo.
Cremos que a improvisación oral é unha ferramenta que pode mudar o mundo e por iso queremos levala o máis lonxe posible. Construímos esta canción dende o que nós somos: persoas diversas que cremos que é posible debuxar unha realidade máis xusta e igualitaria"
Desde o Colectivo Lemos Le, puxémonos en contacto con eles porque este curso queremos dedicalo á tradición oral xa que é a proposta para o Día das Letras Galegas; concretamente á tradición dos brindos de A Pobra de Brollón e eles aceptaron a colaboración escribindo o seguinte texto:
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS 2024 organizaremos un xantar de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación coa intención de reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos.
Esta décima xuntanza celebrarase o sábado día 26 de outubro na Casa Rural A Salanova (Salcedo) a partir das 14:30 horas. Quen desexe asistir poderá recoller a súa entrada nas Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra de Brollón, Bóveda, Pantón, O Saviñao e Sober ou nas bibliotecas escolares do colectivo a un prezo de 20 €.
Ademais, xa que o Día das Letras Galegas 2025 estará adicado ás cantareiras e á tradición oral, este ano contaremos coa colaboración literaria do colectivo ERRE QUE ERRE. REGUEIFA RABUDA que é un colectivo que pretende manter viva a tradición oral das regueifas e do brindo na Pobra do Brollón.
A
súa colaboración súmase á de outros
autores da comarca de Lemos que participaron en pasadas edicións
como
Dani
Viéitez e Iria Iglesias, Olga
Novo, Manuel Veiga, Lois Diéguez, Ramón Sandoval, Xabier Quiroga,
Alicia
Fernández,
Flora Enríquez,
Noa
Moreira, Margarita R. Otero ou
Antón Lopo.