O colectivo organizou un roteiro artístico – histórico – literario
sobre a figura do escritor Manuel María en resposta ao ofrecemento que se nos
fixo desde a Concellería de Cultura.
Tratouse dunha ruta guiada polo autor
desta iniciativa, Xosé Martínez, visitando a Exposición “Por Monforte con
Manuel María” e paseando pola cidade do Cabe da man da magnífica guía poética
que é o “Cancioneiro de Monforte de Lemos” deste autor con paradas para a
lectura dalgúns destes poemas.
E para rematar o roteiro, fixemos unha ruta gastronómica por algúns dos bares que participan no certame de hostelería Cume Tapas.
Neste roteiro participaron persoas de todos os
ámbitos da comunidade educativa así como amigos das bibliotecas e clubs de
lectura.