miércoles, 18 de noviembre de 2020

PREMIO MARÍA MOLINER

  A biblioteca Pública Municipal de Sober que pertence a este colectivo, volveu a recibir o premio Nacional María Moliner.

  A biblioteca resultou seleccionada entre os 300 mellores proxectos de animación á lectura de entre case 600 propostas (Ampliar información).

  Este premio ten por obxectivo premiar ás bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións de animación á lectura, eficiencia e labor bibliotecaria, integración social na súa comunidade e uso das novas tecnoloxías.

👏👏 NORABOA, COMPAÑEIRAS!!!

  
  A continuación podedes acceder ás reseñas de prenssa que se fixeron eco da noticia: 
 
O Sil, 18/11/2020

El Progreso, Ribeira Sacra. 18/11/2020

La Voz de Galicia. Edición Lemos. 19/11/2020

lunes, 9 de noviembre de 2020

IV XORNADAS GÁLIX: DESFACENDO A RAIA

   A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) organizou as IV XORNADAS GÁLIX DESFACENDO A RAIA 2020, de xeito telemático en colaboración co CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) xa que tiveron que ser adiadas pola pandemia derivada do Covid-19.

   Nestas xornadas participou a  nosa compañeira Mónica Carballo  da  Biblioteca Pública Municipal de O Saviñao coa ponencia "Construíndo lectores desde a Biblioteca Pública" compartindo e difundindo a experiencia do noso colectivo.