A continuación podedes ver as recomendacións lectoras para este Nadal.
martes, 22 de diciembre de 2020
miércoles, 18 de noviembre de 2020
PREMIO MARÍA MOLINER
A biblioteca Pública Municipal de Sober que pertence a este colectivo, volveu a recibir o premio Nacional María Moliner.
A biblioteca resultou seleccionada entre os 300 mellores proxectos de animación á lectura de entre case 600 propostas (Ampliar información).
👏👏 NORABOA, COMPAÑEIRAS!!!
O Sil, 18/11/2020 |
El Progreso, Ribeira Sacra. 18/11/2020 |
La Voz de Galicia. Edición Lemos. 19/11/2020 |
lunes, 9 de noviembre de 2020
IV XORNADAS GÁLIX: DESFACENDO A RAIA
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) organizou as IV XORNADAS GÁLIX DESFACENDO A RAIA 2020, de xeito telemático en colaboración co CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) xa que tiveron que ser adiadas pola pandemia derivada do Covid-19.
Nestas xornadas participou a nosa compañeira Mónica Carballo da Biblioteca Pública Municipal de O Saviñao coa ponencia "Construíndo lectores desde a Biblioteca Pública" compartindo e difundindo a experiencia do noso colectivo.
sábado, 24 de octubre de 2020
DÍA DA BIBLIOTECA
Esta é unha data importante para o noso colectivo; unha data que sempre conmemoramos cunha xuntanza de confraternidade na que nos reunimos persoas de todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación da nosa comarca... pero este ano, como case todo, é diferente!
Este ano non puidemos disfrutar cxs nosxs compñeirxs dunha comida nin dunha cea, nin sequera dun café pero o espíritu de compañeirismo permanece en cada unha das bibliotecas do colectivo e, en cada unha delas, celebrouse esta data con diversas actividades.
Tamén nesta data entregábanse os premios do Proxecto Mulleres de Lemos: Mulleres de onte, de hoxe e de mañá que este ano tiña como protagonista á monfortina Margarita Rodríguez Otero como pioneira en moitos aspectos da súa vida: empresaria, Vicepresidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, membro da primeira Xunta Xestora da Asociación de Empresarios de Lugo, concelleira no Concello de Monforte de Lemos, Deputada Provincial en Lugo, Deputada no Parlamento de galicia, Cronista Oficial da cidade de Monforte e escritora con varios libros publicados.
PREMIO Á INNOVACIÓN BIBLIOTECARIA DE GALICIA: Biblioteca de Bóveda
Unha das bibliotecas deste colectivo, a biblioteca do Concello de Bóveda, acaba de recibir o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia.
Este premio ten como finalidade impulsar e visibilizar os proxectos e as boas prácticas levadas a cabo polas bibliotecas.
Neste caso, o premio recoñece o traballo de integración que levan a cabo cos usuarios/as da residencia para persoas con diversidade funcional que existen no municipio.
Algunhas das prácticas que se resaltan con este premio son: un club de lectores para adultos, incorporación de material (fondos e recursos audiovisuais) adaptado ás necesidades das persoas ás que se dirixían, un acceso na beirarrúa para as cadeiras de rodas e un aseo para persoas con mobilidade reducida.
A continuación podedes acceder ás resñas de prenssa que se fixeron eco da noticia:
El Progreso, 24/10/2020 |
La Voz de Galicia, 26/10/2020 |
MOITAS FELICIDADES, COMPAÑEIRA!!
viernes, 23 de octubre de 2020
MARGARITA RODRÍGUEZ OTERO: texto agasallo para o Colectivo Lemos Le no Día da Biblioteca 2020
Deixou dito Vargas Llosa que o mais importante que lle pasara na vida fora aprender a ler.
Escoitei este dito moitos anos despois de que eu soubera ler de corrido. Isto aprendino axiña, os poucos libros que tiña sabíaos case de memoria. O primeiro libro que tiven fora un agasallo de meu tío e padriño Ignacio Otero, cando os Reis me deixaban xoguetes, el traíame un libro, que segundo me dicía, deixárano na súa casa para min. O seu título era “Dungali ricitos menudos”. Na primeira páxina, esa que adoita estar en branco, escribiu “ Que este libriño sexa o primeiro de moitos outros que tes que ler en toda a túa vida, teu padriño que te quere moito Ignacio”. Non lembro cantas veces lin aquela historia do neno negro, que primeiro pasábao mal e despois remataba ben. Cheguei a sabela de memoria. Meu padriño acertara, os poucos cartos que podía xuntar sempre ían destinados a facer mais grande a miña incipiente biblioteca.
Parte do verán case sempre o pasaba na casa de un dos meus avós, no Fabeiro ou en Reboredo. Daquela aínda se levaba facer as regueifas, entre os mozos de dúas aldeas veciñas. Meu tío Luís do Fabeiro sempre dicía “A pequena que veña con nos ”. Cando lle tocaba a eles responder ós mozos do Mato dicíame...... veña dilles que somos mellor que a eles, e eu inventaba algo así como: “Os rapaces do Mato falan mal dos do Fabeiro , e non saben que estes son o mellor do mundo enteiro” . Tería eu arredor de dez anos, e pasábao moi ben con esas lerias, aínda me facían sentir alguén importante.
Pouco despois comecei a facer versos para que as nenas os recitaran na festa da Virxe María, en Baamorto, onde, de moi noviña, estiven de mestra un tempo. Perdinos nos cambios de casa pero algún deles inda os sei de memoria. Sempre pensei que alí comezara a miña andaina como poeta.
Outra frase que nunca esquecerei, foi o que escribiu José Luís Sampedro no seu libro “Escribir es vivir” e di así “Que a escritura saia de dentro que responda a unha necesidade interior”
Eu sempre sentín esa necesidade de escribir, era coma si tivera algo que dicir e non tivera tempo para dicilo. A vida levoume por outros camiños e ata que me xubilei da miña profesión, non puiden dedicarme de cheo a escribir e a investigación histórica a miña gran paixón, para descubrir e contar o que ata daquela fora descoñecido, de calquera feito importante acontecido no noso pasado.
Hoxe mentres escribía estas liñas botei unha ollada o cuarto onde estou, as catro paredes están cheas de estantes con libros, a mais teño outros tantos noutra estancia. Meu padriño sentiríase contento de ver como medrou a biblioteca que empezou co seu agasallo de Nadal.
Onde me atopo mellor e cando sinto como si os libros me deran unha agarimosa aperta, e todo meu corpo responde cun berro que di.... ¡Quérovos meus amigos non sabería vivir sen vos!
De súpeto lembro unha frase de José Luís Borges, outro gran escritor que di: “Un non é o que é polo que deixou escrito se non polo que ten lido.
Margarita R. Otero para Lemos Le, colectivo a quen temos que agradecer o seu grande interese pola cultura.
viernes, 19 de junio de 2020
viernes, 8 de mayo de 2020
INÉS FERNÁNDEZ. VÍDEO DO CONTO
Tamén queremos facer un agradecemento a Manola Porto por colaborar neste proxecto coa súa voz.