miércoles, 21 de diciembre de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS INVERNO 2016

A continuación podedes ver as recomendacións lectoras do Colectivo LEMOS LE para este Nadal.
Esperamos que vos animedes a agasallar algún libro nesta época.





 

lunes, 5 de diciembre de 2016

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 12/12/2016

LUGAR: IES Daviña Rey

HORA: 20:30

ORDE DO DÍA:

1) Recomendacións lectoras inverno 2016
2) Rogos e preguntas

miércoles, 9 de noviembre de 2016

NORABOA XABIER QUIROGA

   Desde o Colectivo queremos felicitar a Xabier Quiroga tras recibir o premio San Clemente en novela galega pola súa obra Izan o da saca.

   A trama complexa, os personaxes redondos e con gran coherencia foron algúns dos motivos que levaron aos alumnos a decantarse por esta obra para o premio de novela galega: «É unha historia profunda e emocionante, que nos fixo sentir investigadores», eloxiaron no seu fallo os membros do xurado. 


viernes, 4 de noviembre de 2016

jueves, 27 de octubre de 2016

miércoles, 26 de octubre de 2016

LOLA DE PENELAS NO C.E.I.P. PLURILINGÜE VIRXE DO CARME

    Os traballos presentados ao III Certame Mulleres de Lemos na categoría de Banda Deseñada, xa están expostos no C.E.I.P. Plurilingüe Virxe do Carme.

   Tamén as ampliacións coas imaxes máis destacadas de cada un deles.


domingo, 23 de octubre de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA - 24 / 10 / 2016

    Por cuarto ano, o noso colectivo ven de organizar un xantar de confraternidade para conmemorar o Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro; no que nos reunimos persoas de todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a deucación da nosa comarca. Nesta ocasión a reunión tivo lugar no Concello de Sober.



   Despois de xantar tomou a palabra Luis Fernández Guitián, alcalde do Concello anfitrión para darnos a benvida ao Colectivo e a todas as persoas asistentes.
    Pero é imprescindible para fomentar a lectura e para as bibliotecas a existencia de escritores e escritoras. Para esta xuntanza, editamos un marcapáxinas co texto co que o ano pasado nos agasallou Xabier Quiroga: A miña biblioteca, a miña casa.

   Este ano temos a honra de que o agasallo veña da man de Lois Diéguez que nos acompañou e nos fixo chegar o texto: A estrela azul de MM. Un escritor da comarca cunha extensa bibliografía que abrangue moitos xéneros literarios e que foi recoñecido con varios premios ao longo da súa carreira.

    Ademais tamén nos agasallou cun dos vinte exemplares do libro: OS FIDALGOS DE MONFORTE, de Benito Vicetto. Editorial Tris Tram, traducido ao galego por Isidro Novo.
 
Despois de escoitar o texto na voz do propio autor, centrámonos no Certame Mulleres de Lemos adicado a Lola de Penelas. Para isto, da man do Centro de Información á Muller, fixemos un visionado do conto baseado na súa vida escrito por Paula Vázquez Verao e ilustrado polo alumnado dos centros de Primaria da Comarca.
 


    Despois desta fermosa proxección fíxose entrega dos premios correspondentes ao Certame Mulleres de Lemos

1º PREMIO BANDA DESEÑADA pola innovación técnica, pola narración sen necesidade de palabras e polo uso da linguaxe do cómic foi para Raúl Rodríguez que non puido acompañarnos no xantar.

ACCÉSIT  BANDA  DESEÑADA pola coidada presentación, polo seu estilo persoal demostrado ao longo dos anos e pola áxil narración foi para Víctor Domínguez.


PREMIOS  CATEGORÍA DIVULGACIÓN 

    A Paula Vázquez Verao, autora do texto ilustrado Lola de Penelas. Unha muller para o 8 de marzo e ao CIM pola súa importante labor de difusión das Mulleres de Lemos entre os Centros de Primaria.


    Con esta entrega de premios damos por rematado o III Certame e adiantamos que a IV edición terá como protagonista a unha muller do Concello de O Saviñao.


     Para finalizar queremos facer os seguintes agradecementos:

- a Lois Diéguez polo seu texto,

- ao xurado do certame pola súa colaboración: Ángel Arnaiz e Jorge Granjel,

- ao CIM por facer posible o visionado do conte durante este xantar e a Manola Porto por prestar a súa voz,

- a Xurxo Ayán gañador do segundo certame pola súa presenza e as súas verbas,

- ás entidades colaboradoras: Imprenta Fénix, Librería Agrasar, Chuzos e Consorcio da Turismo da Riberia Sacra,

- ás autoridades que nos acompañan e

- aos concellos participantes: Bóveda, Monforte, A Pobra do Brollón, O Saviñao e especialmente ao noso anfitrión o Concello de Sober.

FELIZ  DÍA  DA  BIBLIOTECA!!






sábado, 22 de octubre de 2016

LOIS DIÉGUEZ: A ESTRELA AZUL DE MM


      MM amaba a estrela de Venus e ía á alba sempre a mirala no seu brillo azul e intenso. Chamaba por nós para acompañalo, mais ahora non nos parecía acaída e seguiamos a durmir. Despois viámolo a el con estrelas azuis tamén que lle agromaban dos labios e da fronte. Se as mirabas con interese ían xurdindo letras, e despois liñas de letras, e despois páxinas de letras. Mais a xente dicía que cansaba e axiña abandonaba o interese ao interpretalas. MM insistía en que se converterían en escravos senon dominaban a sabedoría transferida polas estrelas milenarias. Daquela comezaron a chamarlle o Mago Tolo da Estrela Azul.

    MM foise un día de outono camiño de Venus, e alí ficou. Os amantes dos seus libros din que á beira da grande estrela azul apareceu outra máis pequena de cor vermella, e que se a miras intensamente saen dela páxinas de letras que contan os segredos que ninguén sabía decifrar. E que senten a tenrura e usan o sorriso. Mais os outros, os demais, seguen afirmando que prefiren esas pequenas máquinas das que non sacan os ollos nen as mans. Coñécense ben porque de tanto mirar para elas, para as máquinas, quedoulles a cabeza torta para un lado. As rúas ficaron ateigadas de xentes coa cabeza torta para un lado. E xa non son quen de ver a estrela vermella que nos dá a capacidade da emoción. E a liberdade.

Lois Diéguez

Sober, 22 outubro do 2016

Para o Colectivo Lemos no Día da Biblioteca



Agradecemos a Lois Diéguez este texto, agasallo para o Colectivo Lemos Le no Día da Biblioteca - 2016

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 19/10/2016

LUGAR: IES Dviña Rey

HORA: 20:30

ORDE DO DÍA:

1) Día da Biblioteca 2016: marcapáxinas, exposición de traballos premiados, premios e organización do xantar

2) Elección da protagonista do IV Certame Mulleres de Lemos a proposta do Concello de O Saviñao.

3) Rogos e preguntas

viernes, 30 de septiembre de 2016

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 4/10/2016


LUGAR: IES Daviña Rey

HORA: 20:00

ORDE DO DÍA:

1) III Certame Mulleres de Lemos.
- Cea conmemorativa: deseño do cartel, menú, invitacións...
- Premios certame: exposicións, agasallos...
- Escritor convidado: Lois Diéguez
- Colaboración co CIM
- Invitación a oleiros e exposición de olería de Gundivós
- Nota de prensa
2) Día da biblioteca: marcapáxinas para as bibliotecas escolares e as BPM
3) Rogos e preguntas

viernes, 8 de julio de 2016

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 13/07/2016

LUGAR: Anchoas

HORA: 20:30

ORDE DO DÍA:

1) Día da Biblioteca 2016: data, premios, cea conmemorativa, entrega de galardóns, invitacións...
2) Escritor convidado desta edición.
3) Exposición dos traballos premiados.
4) Exposición de olería de Gundivós
5) Rogos e preguntas

martes, 31 de mayo de 2016

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 7/06/2016

LUGAR: IES Daviña Rey

HORA: 20:30

ORDE DO DÍA:

1) Recomendacións lectoras de verán
5) Rogos e preguntas

lunes, 28 de marzo de 2016

MARÍA CASTAÑA: NARRACIÓN

     Xa podemos disfrutar da narración do conto María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo, elaborado polos nenos e nenas da Comarca de Lemos.

    No seguinte enlace podedes ver e escoitar a montaxe feita polo CIM de Monforte coa voz da xornalista Manola Porto. 

    Esperamos que vos guste!!

miércoles, 9 de marzo de 2016

III CERTAME MULLERES DE LEMOS NA PRENSA

LA  VOZ  DE  GALICIA,  04 - 03 - 2016
LA  VOZ  DE  GALICIA, 9 - 03 - 2016
En Común - 2ª Quincena de marzo

martes, 8 de marzo de 2016

Día da muller traballadora

Un 8 de marzo de 1857, unha marcha pioneira de obreiras textis

Un 8 de marzo de 1857, una marcha pionera de obreras textiles recorrió los suburbios de la ciudad de Nueva York para protestar por las miserables condiciones de trabajo.
El 5 de mayo de 1908, en esa misma ciudad comenzó una nueva huelga de las obreras textiles, quienes reclamaban la igualdad salarial, la disminución de la jornada a diez horas y que se permitiera un tiempo para la lactancia.

Un suceso que horrorizó al mundo entero, y que tuvo lugar en el contexto de esa huelga, ocurrió en "la fábrica Sirtwood cotton", donde más de 100 mujeres perecieron en un fuego provocado por el propio dueño de la fábrica, como respuesta a la toma pacífica del local por las obreras en huelga.


EL AÑO 1977, LAS NACIONES UNIDAS DECLARARON EL 8 DE MARZO COMO EL "DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER TRABAJADORA".





EL COLOR LILA CON QUE SE IDENTIFICA ESTE DÍA SE DEBE A QUE ESE TONO ERA LA DEL TEJIDO QUE ESTABAN CONFECCIONANDO LAS OBRERAS EL DÍA QUE MURIERON.


 
EL DÍA DE LA MUJER TRABAJADORA ES UNA CONMEMORACIÓN Y NO UNA CELEBRACIÓN. UN DÍA EN QUE LAS MUJERES EXIGEN SER TRATADAS CON EL RESPECTO QUE SE MERECE CUALQUIER SER HUMANO.

BASES DO III CERTAME MULLERES DE LEMOS


III Certame de Divulgación Mulleres de Lemos

     O Colectivo Lemos Le formado polas Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao e Sober e as bibliotecas escolares e Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do CEIP A Gándara, CEIP A Pobra do Brollón, CEIP Colexio Novo, CEIP Monte Baliño, CEIP Virxe do Carme, EEI Infanta Elena e IES Daviña Rey; convoca a terceira edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
     Cada ano escollerase a figura dunha muller que fora relevante na historia das Terras de Lemos, que nacera, vivira ou morrera na comarca, ou cuxa vida estivera moi relacionada con ela. Intentarase que cada convocatoria sexa dedicada a unha muller dunha localidade diferente.
     Este certame rexerase polas seguintes bases:
     Primeira.- O certame deste ano versará sobre a figura de Lola de Penelas.
     Segunda.- Establécense 2 modalidades:
a. Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos, e
b. Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.

    
Terceira.- Poderá concorrer a este certame calquera persoa que presente o seu traballo en lingua galega. Só se poderá presentar un traballo por persoa.
      Cuarta.- Os traballos presentados ademais de seren inéditos e totalmente orixinais, non poderán ter sido publicados ou divulgados en todo ou en parte por calquera medio físico ou electrónico. Os traballos presentados deberán aterse á:
a. extensión mínima de 2 páxinas e máxima de 4 páxinas para Banda deseñada e en branco e negro

b.
extensión mínima de 10 páxinas e máxima de 25 páxinas para Traballo de divulgación, en tamaño de folio DIN A4 mecanografados por unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra 12.
    Quinta.- Cada un dos traballos presentarase nunha copia en papel e nunha copia en formato dixital (tiff, jpg, doc ou pdf). Non se admitirán manuscritos do Traballo de divulgación.

    
Sexta.- O prazo de presentación rematará o 30 de maio. Os traballos serán presentados en calquera biblioteca municipal ou escolar dos centros educativos da comarca de Lemos integrados no colectivo Lemos Le.
     Sétima.- Os traballos presentaranse nun sobre pechado, identificados por un lema ou título e asinados cun pseudónimo. Noutro sobre en cuxo exterior figure o pseudónimo, incluirase unha folla co nome, apelidos e NIF, os enderezos postal e electrónico e os teléfonos de contacto da persoa autora do traballo de xeito que lle facilite á organización pórse en contacto con ela. As persoas menores de idade deberán achegar a autorización dunha persoa maior de idade que exerza como representante legal (ANEXO I).

     No caso de remitirse as obras por correo postal a calquera das bibliotecas indicadas na base sexta, indicarase no sobre claramente “para participar no Certame de Divulgación Mulleres de Lemos”.
     Oitava.- O xurado estará formado por 3 persoas entendidas na materia. O premio único outorgarase por maioría simple de votos. Actuará como secretario/a do xurado con voz pero sen voto unha persoa designada polo colectivo Lemos Le.

   
Novena.- Calquera incidencia ocasionada pola interpretación destas bases será solucionada pola maioría simple dos membros do xurado. A decisión do xurado, que será inapelable, darase a coñecer ó longo do mes de outubro; mes da biblioteca.
     Décima.- Concederase un único premio en cada categoría, segundo o criterio do Xurado. O xurado poderá declarar deserta algunha das categorías ou nomear un accésit por categoría se a calidade dos traballos presentados fai que así o estime oportuno.

     Os premios consistirán en: diploma, 1 lote de libros, 1 lote de produtos da Ribeira Sacra e unha peza de artesanía local conmemorativa do certame.
     Undécima.- A entrega do premio terá lugar nun acto público que se celebrará o 24 de outubro, Día das Bibliotecas.
     Duodécima.- As obras gañadoras quedarán en propiedade do Colectivo Lemos Le. Os orixinais non premiados poderanse recuperar con cargo ás persoas autoras concorrentes, pasados 15 días da data de entrega de premios. Os orixinais que non fosen retirados neste prazo destruiranse.
     Decimoterceira.- O Colectivo Lemos Le ten a potestade de publicar unha antoloxía coas mellores obras presentadas ó concurso, para o cal, cada participante polo mero feito de se presentar, concede autorización tácita ó colectivo para a publicación do seu orixinal.

   
Decimocuarta.- A participación neste certame supón a completa aceptación das presentes bases e máis das decisións do xurado que se designe.


Monforte de Lemos, 8 de marzo de 2016

ANEXO I

Autorización de participación para menores de idade

Don/a___________________________________con DNI núm. ________________, como representante legal de ____________________________________, menor de idade, doulle a miña autorización para presentarse ó Certame de Divulgación Mulleres de Lemos.
__________________, ____ de ___________________ de 2016



Don/a___________________________________con DNI núm. ________________, como representante legal de ____________________________________, menor de idade, doulle a miña autorización ao Colectivo Lemos Le a reproducir e distribuír as imaxes do meu fillo/a derivadas da súa intervención nas actividades arriba mencionadas, en calquera dos formatos existentes, tanto clásicos (prensa, televisión, vídeo, DVD, etc.) como relacionados cos novos medios informáticos de redes de telecomunicación (páxinas de internet e blogs)


__________________, ____ de ___________________ de 2016

viernes, 19 de febrero de 2016

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 23/02/2016

LUGAR: IES Daviña Rey

HORA: 20:30

ORDE DO DÍA:

1) III Certame Mulleres de Lemos: Lola de Penelas
2) Bases do certame.
3) Colaboración co CIM.
4) A historia de Lola de Penelas: Paula Vázquez Verao
5) Rogos e preguntas