miércoles, 24 de octubre de 2012

OS NOSOS OBXECTIVOS

Desde o colectivo traballamos para acadar os seguintes obxectivos:

- Xerar unha rede de bibliotecas escolares e municipais para desenvolver proxectos en común que favorezan, incentiven e dinamicen as funcións bibliotecarias.

- Achegar as librarías da nosa comarca aos usuarios adultos e nenos, non só como lugar de adquisición de libros senón tamén como centro de cultura e ocio.



- Afianzar a colaboración con outros axentes sociais que poidan contribuír a construción da sociedade lectora, aproveitando tanto os nosos recursos como os deles para mellorar a relación entre roso os sectores implicados no citado empeño.

- Unificar esforzos no fomento da lectura, corpantindo actividades entre toda a poboación escolar da comarca e consolidar o hábito da lectura a través da creación de diferentes estratexias e ambientes lectores que vaian máis alá dos centros educativos.

- Implicar aos usuarios adultos das bibliotecas públicas municipais para ampliar o ámbito de actuación das nosas propostas a toda a comunidade educativa e outros usuarios das bibliotecas.

- Mellorar os clubs de lectura existentes nas bibliotecas e favorecer a creación de clubs interbibliotecarios para que os alumnos duns centros socialicen e empaticen cos dos outros centros do colectivo.

- Dar a coñecer e promover a investigación de figuras senlleiras da nosa comarca a través da educación documental dos usuarios das bibliotecas e como medio para a difusión cultural e histórica, vinvuñando o traballo escolar e bibliotecario coa cultura da nosa zona.

QUEN FORMA O COLECTIVO?

    O colectivo Lemos Le está formado por bibliotecas escolares e bibliotecas públicas municipais (BPM) da comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte.

  Concretamente formamos o Colectivo as seguintes bibliotecas:

- CEIP A Gándara (Monforte de Lemos)
- CEIP A Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón)
- CEIP Plurilingüe Monforte - Colexio Novo (Monforte de Lemos)
- CEIP Monte Baliño (Ferreira de Pantón)
- CEIP Rosalía de Castro (Bóveda)
- CEIP PlurilingüeVirxe do Carme (Sober)
 
- CPI  Dr. López Suárez (Saviñao) 

- EOI  de Monforte (Monforte de Lemos)

- EEI Infanta Elena (Monforte de Lemos)

- IES Daviña Rey (Monforte de Lemos)
- IES A Pinguela (Monforte de Lemos)
- IES Río Cabe (Monforte de Lemos) 

- BPM de A Pobra de Brollón
- BPM de Bóveda
- BPM de O Saviñao
- BPM de Sober


    Este colectivo permanece aberto á participación de calquera outra biblioteca ou persoa que queira colaborar con nós.

OS NOSOS COMEZOS

    Na comarca de Lemos, desde hai tempo estase a traballar na dinamización das bibliotecas. Este traballo víñase realizando desde bibliotecas escolares pertencentes ou non ao PLAMBE, bibliotecas públicas municipais e desde a Asociación de Libreiros.

    O traballo de dinamización realizado de xeito individual e a amizade entre algunhas das responsables destas bibliotecas foron o xerme deste colectivo.

    Así, o 24 de outubro de 2012, nunha primeira reunión de bibliotecarios convocada pola biblioteca do CEIP A Gándara con motivo do Día Internacional da Biblioteca, estúdanse fórmulas que nos permitan a coordinación xa que o coñecemento que os profesores e bibliotecarios temos do quefacer dos compañeiros é un coñecemento informal e pensamos que podemos aproveitar este traballo individual para activar unha rede de bibliotecas da comarca.

    Desta primeira reunión levamos unha boa impresión e a idea de potenciar esta rede como punto de encontro e coordinación das bibliotecas escolares e das bibliotecas públicas municipais favorecendo a creación dunha comunidade lectora entre a poboación escolar de primaria e secundaria pero tamén entre os adultos usuarios das BPM.

     Neste momento consideramos que nace o colectivo Lemos Le.