Coa modalidade de banda deseñada, esta convocatoria tratou de de implicar ao alumnado de Secundaria e Bacherelato nunha actividade multidisciplinar na que tiveron que facer un traballo artístico e creativo para o que precisaron unha documentación previa, a adaptación da historia medieval ao formato de banda deseñada e a realización da BD para presentala ao certame.
Esta iniciativa tivo unha boa aceptación entre a poboación escolar e entre o profesorado de plástica o que deu como resultado traballos de alta calidade motivo polo cal habilitáronse dous accésits ademais do premio principal.
Os premiados foron:
- Cristina Fernández Silvosa e María Armesto Luaces. Accésit
O traballo premiado foi a narración de Xosé Martínez Rodríguez: Pequena historia dunha raíña de Lemos
Para a seleción dos traballos en ambas modalidades contamos cun bo xurado formado por xornalistas, historiadores e artistas da comarca aos que lles queremos agradecer a súa colaboración.
·
Ángel
Arnaiz González
·
Sara
Álvarez Otero
·
Manola
Porto Arias
·
Humberto
Loureiro Argullós
Tamén agradecemos aos
Concellos de A Pobra de Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao e Sober
así como ao Centro do Viño, A Troula e ás librerías Agrasar e Fénix a súa doazón
dos premios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario