Mostrando entradas con la etiqueta Manuel María. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel María. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de noviembre de 2015

CELEBRADO O ROTEIRO LITERARIO POLO MONFORTE DE "MANUEL MARÍA"

 
          Ás 10:15 da mañá  do día 8 de novembro comezou un  roteiro literario adicado a
Manuel María e organizado pola asociación  O Colado do Vento en colaboración có noso colectivo.

    O roteiro baséase nos poemas do autor recollidos no seu libro : "Cancioneiro de Monforte de Lemos "e que foron lidos nos diferentes espazos urbanos monfortinos  aos que nos dirixiu con gran acerto  Xosé Rodríguez Martínez, historiador e perfecto coñecedor de Monforte e do seu poeta adoptivo, Manuel María.


    No remate deste roteiro , membros de O Trícole cantaron algúns dos seus poemas arredor da estatua do escritor na Praza Ponte Fontecha de Monforte de Lemos e fíxose tamén unha ofrenda  con rosas vermellas e brancas.


   
No enlace da seguinte fotografía, poderás acceder ao vídeo publicado por Radio Principal Cadena Ser Monforte no seu facebook:
https://www.facebook.com/Rafaradioprincipalsermonforte/videos/430771670446538/
   
    
A prensa fíxose eco desta noticia recollendo o momento no que un dos membros de O Trícole cantaba en solitario un dos poemas do autor.

El Progreso, 9-11-2015
    

No seguinte enlace, pódese acceder á información publicada polo xornal La Voz de Galicia en formato dixital

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2015/11/09/monforte-adianta-homenaxe/0003_201511L9C5991.htm

ROTEIRO LITERARIO POLO MONFORTE DE "MANUEL MARÍA" NA PRENSA

El Progreso, 6-11-2015

La Voz de Galicia, 8-11-2015

lunes, 26 de mayo de 2014

ROTEIRO ARTÍSTICO, HISTÓRICO E LITERARIO POR MONFORTE CON MANUEL MARÍA


    O colectivo organizou un roteiro artístico – histórico – literario sobre a figura do escritor Manuel María en resposta ao ofrecemento que se nos fixo desde a Concellería de Cultura. 

    Tratouse dunha ruta guiada polo autor desta iniciativa, Xosé Martínez, visitando a Exposición “Por Monforte con Manuel María” e paseando pola cidade do Cabe da man da magnífica guía poética que é o “Cancioneiro de Monforte de Lemos” deste autor con paradas para a lectura dalgúns destes poemas. 
 
   E para rematar o roteiro, fixemos unha ruta gastronómica por algúns dos bares que participan no certame de hostelería Cume Tapas.
 
    Neste roteiro participaron persoas de todos os ámbitos da comunidade educativa así como amigos das bibliotecas e clubs de lectura.