miércoles, 15 de octubre de 2014

NOTA DE PRENSA: CEA DE CONFRATERNIDADE PARA O DÍA DA BIBLIOTECA



O Colectivo Lemos Le para conmemorar o Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro; organiza por segundo ano unha cea de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación.

A cea está aberta a todas as persoas interesadas que deberán recoller as súas entradas no Museo do Viño ata o día 22 de outubro incluído a un prezo de 20 €.

Con este acto queremos reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos.

Durante a mesma farase entrega dos premios do I Certame de Divulgación Mulleres de Lemos: Inés de Castro correspondentes aos seguintes participantes:
-          1º Premio divulgación: Xosé Martínez Rodríguez
-          1º Premio banda deseñada: Víctor Rodríguez Fernández (IES Daviña Rey)
-          Accésit categoría banda deseñada:
Cristina Fernández Silvosa (IES Daviña Rey)
María Armesto Lucas (IES Daviña Rey)

Ademais convocarase oficialmente a segunda edición dedicada este ano á figura de María Castaña.

Desde o colectivo queremos facer os seguintes agradecementos:
-          Ao CIM (Centro de Información á Muller) polo desenvolvemento dos obradoiros  Inés de Castro: Unha muller para o 8 de marzo;  facendo fincapé na publicación do libro do mesmo título elaborado polos nenos dos centros da comarca de Lemos.

-          Aos Concellos de A Pobra de Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao e Sober así como ao Centro do Viño, A Troula e ás librerías Agrasar e Fénix pola doazón dos premios.

-          Ao xurado que desinteresadamente colaborou neste certame:
·         Ángel Arnaiz González
·         Sara Álvarez Otero
·         Manola Porto Arias
·         Humberto Loureiro Argullós

No hay comentarios:

Publicar un comentario