jueves, 20 de diciembre de 2012

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL - 2012

    Na comarca de Lemos tamén lemos en Nadal; por iso publicamos o seguinte díptico con recomendacións lectoras para este nadal.

    Desde o colectivo estamos moi orgullosos deste díptico xa que é o noso primeiro proxecto en común; un proxecto no que puxemos moita ilusión e que se difundiu entre as familias de todos os centros escolares públicos da comarca, nas bibliotecas municipais e nas librerías da Asociación de Librarías de Monforte facendo así visible o noso traballo.

   Así que se queres ler no Nadal ou agasallar a alguén cun libro aquí tes algunhas propostas.