Mostrando entradas con la etiqueta Antón Lopo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Antón Lopo. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de diciembre de 2022

PARABÉNS !!


    Desde o Colectivo queremos felicitar a Antón Lopo que acaba de gañar a XII edición do certame de poesía Fiz Vergara Vilariño promovido pola Agrupación Cultural Ergueitas e o Concello de Sarria en lembranza do autor de Santalla de Lóuzara, Samos.

 NORABOA!!

 Reseñas  de  prensa:

El Progreso

Nós diario

Xornal de Lemos

lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DA BIBLIOTECA 2022

   Despois de dous anos de parón obrigado pola pandemia Covid, por fin puidemos retomar a xuntanza de confraternidade que o Colectivo organizaba polo Día da Biblioteca para fomentar a lectura e o importante papel das biblioteca. 


   Nesta oitava xuntanza, que celebramos no Concello de Monforte de Lemos, unímonos persoas de diferentes sectores relacionadas co mundo da cultura: mestres, bibliotecarios, librarías, editoras, responsables políticos... para compartir esta conmemoración.


   Como en edicións anteriores, este ano tamén tivemos a sorte de contar cun escritor da comarca que nos agasalla cun texto para conmemorar o Día da Biblioteca co que despois facemos un punto de lectura conmemorativo. Nesta ocasión o texto foi escrito por Antón Lopo, quen fala da importancia da súa relación coa Libraría Xistral, Saleta Goy e Manuel María. 
 

 

    Despois da cea Mónica (bibliotecaria de O Saviñao), foi a encargada de poñerlle voz ao texto.
 

       Para rematar, desde o colectivo queremos agradecer a presenza dos alcaldes e dos concelleiros de diferentes concellos da comarca que nos acompañaron recoñecendo a importancia da cultura, a difusión que diferentes medios de comunicación fixeron desta conmemoración e, por suposto, a Antón Lopo o seu texto. 
FELIZ  DÍA  DA  BIBLIOTECA!!!
 

 

  

ANTÓN LOPO: texto agasallo para o Colectivo LEMOS LE (Día da Biblioteca 2022)

 

      A primeira vez que entro en Xistral teño dez anos. Eu aínda leo a Enid Blyton, novelas de ciencia ficción de Clark Carrados e contos de fadas que me trae a miña curmá dos Xerifas, ademais de incursións ailladas na literatura para adultos, basicamente Anna Karenina de Tolstoy e Que o ceo a xulgue de Ben Ames Williams. Vou á Xistral porque o meu amigo Jorge Vila me di que abriron unha librería "fantástica e modernísima" nas galerías Fontecha e ningún dos dous queremos perdermos a experiencia.

       Nada máis chantarnos diante do escaparate da Xistral, quedamos fascinados. Era un espazo branco, como unha nave espacial do 2001 de Kubrick [acababámola de ver no cine]. Pero en vez de computadoras, había libros [nunca viramos tantos xuntos]. A partir dese día [desa visita ao espazo interestelar], non hai tarde que non pasemos por Xistral, sexa para mercar un lápiz ou escoitar falar a Saleta Goy e Manuel María de temas que se nos antollaban arraianos coa ilegalidade [de puro cósmicos]. A luz de Manuel acrecéntase cando me entero de que é o autor de Os soños na gaiola, o libro que me descubrira no galego o don da escrita [un cargueiro espacial flotando no universo]. Porque ao entrar en Xistral todos sentimos que podiamos ser astronautas.
 
Antón Lopo
Outubro 2022
 

viernes, 14 de octubre de 2022

DÍA DA BIBLIOTECA no Xornal de Lemos

     O Xornal de Lemos fíxose eco no seu portal dixital da celebración do Día das Bibliotecas e da colaboración do escritor Antón Lopo. Podedes ler a súa reseña no seguinte enlace.

Xornal de Lemos, 14/10/2022

   

martes, 25 de septiembre de 2018

PARABÉNS ANTÓN LOPO!!

    Desde o Colectivo queremos felicitar ao autor monfortino Antón Lopo que acaba de gañar a II edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega coa súa novela Extraordinario.


miércoles, 24 de enero de 2018

PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY

     Desde o Colectivo queremos felicitar ao escritor, editor e actor monfortino Antón Lopo, que acaba de gañar a sexta edición do premio de poesía Manuel Lueiro Rey convocado polo concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O cruceiro da Laxe; coa súa obra Corpo.

    O xurado calificou esta libro como «un excelente poemario, denso por variado - tocata e fuga-, que se compón de diversas suites que se completan ou se enfrontan ou s escisionan» e resaltou o seu «poder de convicción tanto que convence, unánime, aos cinco membros do xurado».

sábado, 20 de mayo de 2017

26 PEQUENAS OLLADAS ÁS LETRAS DE LEMOS DO A AO Z

     Esta exposición está adicada a 26 escritores, escritoras ou colectivos relacionados coa literatura nas Terras de Lemos con representación de todos os Concellos que a forman.

    Foi elaborada por Xosé Martínez quen ademais foi o noso guía nesta visita.
 Cada unha destas olladas, está recollida nun dobre panel composto por unha síntese biográfica, bibliográfica, fotos e unha escolma dalgún dos seus textos.
 
    Reproducimos algúns dos paneis que fan referencia a autores que colaboraron con este colectivo.





   Moitas grazas a Xosé por esta visita guiada e por acordarse do Colectivo nos seus agradecementos

sábado, 22 de abril de 2017

Contos de Mesopotamia

    Queremos compartir o nacemento da BIBLIOTECA  DE  MESOPOTAMIA. Unha iniciativa da editora Chan da Pólvora, que dirixe o escritor Antón Lopo e que se presentou na Pinacoteca dos Escolapios coa presenza de representantes da Real Academia Galega, a Asociación de Escritores, o PEN club e autoridades provinciais de Lugo e Ourense, ademais dos alcaldes da comarca. 


   En palabras de Antón Lopo, Biblioteca de Mesopotamia nace co obxectivo de "reconstruír unha paisaxe literaria sobre a paisaxe xeográfica" para "darlle densidade de linguaxe ao horizonte que compartimos todas as mañás cada vez que espertamos: nomear o silencio orográfico da nosa identidade común"


"Esta Biblioteca vai a ser unha colección de publicacións que trazarán un horizonte común co territorio onde conflúen os ríos Sil e Miño; un patrimonio que aspira a converterse en Patrimonio da Humanidade"
MOITA  SORTE  NESTA  ANDADURA!!

Máis información aquí


jueves, 24 de octubre de 2013

ANTÓN LOPO no Día da Biblioteca - 2013

 
     Foi un orgullo para o colectivo contar o Día da Biblioteca 2013, coa colaboración de Antón Lopo quen nos agasallou coa súa presenza ademais de compartir unhas improvisadas verbas e un espectáculo de poesía.