jueves, 24 de octubre de 2013

CEA DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

   Cando se cumpre un ano dos primeiros contactos para crear o noso colectivo; decidimos conmemorar esta data cunha cea de celebración e que mellor data que o Día das Bibliotecas?

    Nesta xuntanza reunímonos máis de 30 persoas de diferentes sectores relacionados coa cultura e a educación: xornalistas, libreiros, bibliotecarios, escritores, profesores, autoridades, clubes de lectura... compartimos inquedanzas e ilusións polo mundo da lectura e quixemos reivindicar a importancia do papel das bibliotecas como difusoras de cultura e formadoras de lectores, como lugar de encontro e como centros de información e recursos.

    Foi un orgullo para o colectivo contar neste día coa colaboración de grandes escritores. Por unha banda, Antón Lopo agasallounos coa súa presenza ademais de compartir unhas improvisadas verbas e un espectáculo de poesía.

    Por outra banda, Manuel Veiga preparou un texto para esta data que nos leu a xornalista Manola Porto.
   O libreiro Antonio púxolle voz ás verbas que a escritora Olga Novo ten adicado ás bibliotecas.
    A mestra Mercedes leu os textos sobre bibliotecas escolares de Anuncia, outra mestra do CEIP A Gándara.

   Podemos concluír que este acto foi moi emotivo e serviu para afianzar e dar a coñecer un pouco máis o colectivo na comarca como se pode comprobar polo seu reflexo na prensa escrita.




No hay comentarios:

Publicar un comentario