Ás 10:15 da mañá do día 8 de novembro comezou un roteiro literario adicado a
Manuel María e organizado pola asociación O Colado do Vento en colaboración có noso colectivo.
O roteiro baséase nos poemas do autor recollidos no seu libro : "Cancioneiro de Monforte de Lemos "e que foron lidos nos diferentes espazos urbanos monfortinos aos que nos dirixiu con gran acerto Xosé Rodríguez Martínez, historiador e perfecto coñecedor de Monforte e do seu poeta adoptivo, Manuel María.
No remate deste roteiro , membros de O Trícole cantaron algúns dos seus poemas arredor da estatua do escritor na Praza Ponte Fontecha de Monforte de Lemos e fíxose tamén unha ofrenda con rosas vermellas e brancas.
No enlace da seguinte fotografía, poderás acceder ao vídeo publicado por Radio Principal Cadena Ser Monforte no seu facebook:
A prensa fíxose eco desta noticia recollendo o momento no que un dos membros de O Trícole cantaba en solitario un dos poemas do autor.
El Progreso, 9-11-2015 |
No seguinte enlace, pódese acceder á información publicada polo xornal La Voz de Galicia en formato dixital
No hay comentarios:
Publicar un comentario