Unha data importante para nós como colectivo é o DÍA DAS BIBLIOTECAS que se celebra o 24 de outubro. Para conmemorala organizaremos un xantar de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación baixo o lema deste ano: "Contra a desinformación: bibliotecas" coa intención de destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na loita contra a desinformación.
Esta décimo primeira xuntanza celebrarase o sábado día 25 de outubro no Restaurante Berso (Sober) a partir das 14:00 horas. Quen desexe asistir poderá adquirir a súa entrada nas Bibliotecas Públicas Municipais ou Escolares do Colectivo a un prezo de 40 €.
Ademais este ano contaremos coa colaboración literaria de Moncha Prieto, autora soberina do libro Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra que nos agasallará cun texto para conmemorar o Día das Bibliotecas.
A súa colaboración súmase á doutros autores da comarca de Lemos que participaron en pasadas edicións como Dani Viéitez e Iria Iglesias, Olga Novo, Manuel Veiga, Lois DIéguez, Ramón Sandoval, Xabier Quiroga, Alicia Fernández, Flora Enríquez, Noa Moreira, Margarita R. Otero, Antón Lopo ou o Colectivo Erre que Erre. Regueifa Rabuda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario