O Colectivo Lemos Le, para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza o Proxecto Mulleres de Lemos. Mulleres de onte, de hoxe e de mañá coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia pasada e presente das Terras de Lemos.
Este proxecto é continnuidade do Certame Mulleres de Lemos que desenvolvemos nos últimos seis anos pero agora poñendo o foco en mulleres do presente; concretamente este ano terá como protagonista a Margarita Rodríguez Otero como pioneira en moitos aspectos da súa vida: empresaria, Vicepresidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, membro da primeira Xunta Xestora da Asociación de Empresarios de Lugo, concelleira no Concello de Monforte de Lemos, Deputada Provincial en Lugo, Deputada no Parlamento de galicia, Cronista Oficial da cidade de Monforte e escritora con varios libros publicados.
Dentro deste proxecto realizaremos diversas actividades divulgativas nos centros de Secundaria e nas Bibliotecas Públicas Municipais e o obradoiro "Mulleres de onte, de hoxe e de mañá por Margarita Rodríguez Otero" nos centros educativos de primaria da nosa comarca no que se fará un traballo de reflexión e ilustración sobre o texto escrito por ela que da título ao proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario