Este ano a
reunión tivo lugar no Concello de Ferreira de Pantón, e comezou cunha visita guiada ao Mosteiro de San Miguel de Eiré da man de Flora Enríquez; coa idea de achegarnos máis á muller á que se lle dedicaba este ano o Certame Mulleres de Lemos: Inés Fernández, abadesa de Eiré.
Despois da visita, a xuntanza continuou na Rectoral de Castillón onde Cristina Domínguez Vázquez, Concelleira de Cultura deste concello, e Antón Vidal, representante do Colectivo, nos deron a benvida a todos os asistentes.
Antes de cear tamén puidemos escoitar na voz de Flora Enríquez, o texto co que nos agasallou con motivo desta celebración. Un texto moi emotivo sobre o seu achegamento á biblioteca cando era pequena con especial mención a Milagritos, a bibliotecaria. (Enlace ao texto)
Os participantes nesta xuntanza, levaron como recordo un marcapáxinas con este texto e outro co que o ano pasado nos agasallou Alicia Fernández.
Despois de cear, centrámonos no
VI Certame Mulleres de Lemos. Unha muller para o 8 de marzo adicado, como xa dixemos, a Inés Fernández, abadesa de Eiré.
Para isto, da man
do Centro de Información á Muller, fixemos un visionado do conto baseado
na súa vida escrito por Francisco Javier González Díaz e ilustrado polo alumnado
dos centros de Primaria da Comarca.
Despois desta fermosa proxección, membros do colectivo fixeron
entrega dos premios correspondentes ao Certame Mulleres de Lemos:
1º PREMIO BANDA DESEÑADA
Sara Rodríguez e Alicia Soto
ACCÉSITS BANDA DESEÑADA:
Ximena López
Zeltia Pérez, Claudia Pérez e Ari Valdés
1º PREMIO DIVULGACIÓN
Eugenia Sanmartín pola canción "Inés no penedo" que interpretou en directo
O acto finalizou coa actuación desta cantante de fados que amenizou a velada e coa xa tradicional sesión de fotos que conmemora este día na que se representaba ás tres monxas que quedaron no convento e a Don Diego de Muros.
Desde o colectivo queremos facer os seguintes agradecementos:
- as autoridades que nos acompañaron,
- a Flora Enríquez polo seu texto,
- a Francisco Javier González Díaz polo traballo de documentación sobre Inés Fernández, polo texto do conto e pola organización deste evento,
- ao xurado do certame pola súa colaboración: Anabel Álvarez, Anxo Rigueira e José Luis Ramos,
- ao CIM por facer posible o obradoiro Unha muller para o 8 de marzo e o visionado do conto durante este xantar,
- a Manola Porto por prestar a súa voz,
- ás entidades colaboradoras Panadería Tarrazo, adega Finca Míllara, Oca Augasantas, a Deputación de Lugo, Imprenta Chuzos, Librería Agrasar e Imprenta Fénix e as Concellos que tamén colaboraron: A Pobra do Brollón, Monforte, O
Saviñao, Sober, Bóveda e especialmente ao noso anfitrión o Concello de Ferreira de Pantón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario