CERTAME MULLERES DE LEMOS
GENOVEVA GONZÁLEZ PRIETO. UN HA MULLER PARA O 8 DE MARZO
O Colectivo Lemos Le para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza por quinto ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
O Certame deste ano estará dedicado a Genoveva González Prieto unha mestra do Concello de Bóveda do século XX. Propoñemos a esta muller polo seu compromiso coa ensinanza na Galiza rural.
As actividades que levaremos a cabo serán as seguintes:
- O obradoiro “Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a vida dunha mestra no século XX e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da súa vida.
- V Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para Secundaria e Bacharelato na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo que plasme a historia de Genoveva González (extensión mínima de 2 páxinas).
- V Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).
No hay comentarios:
Publicar un comentario