O Concello de Monforte conmemorará o Día da Muller a través de varios actos entre os que se inclúen dous relacionados directamente co noso colectivo:
Lola de Lemos
Os alumnos de Primaria de Monforte e da comarca asistirán o día 8 á reprodución do conto en formato dixital Lola de Penelas
e á entrega dos exemplares ilustrados cos debuxos que elaboraron o
pasado ano. A primeira das quendas será ás 11:15 e a segunda ás 12:30
horas no salón de actos da Casa da Cultura.
Obradoiro Mulleres de Lemos
O Concello de Monforte, en colaboración co colectivo Lemos Le,
vai desenvolver durante os meses de marzo e abril o obradoiro adicado a
Balbina López Somoza, boticaria no Saviñao. O obxectivo deste proxecto é
que os rapaces de educación primaria coñezan a mulleres significativas
da historia da comarca.
Pódense consultar o resto dos actos no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario