Por terceiro ano o noso colectivo celebrou unha cea para conmemorar o Día da Biblioteca; na que nos reunimos arredor de 50 persoas.
Durante o acto fíxose entrega dos premios do II CERTAME MULLERES DE LEMOS: MARÍA CASTAÑA. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO.
A entrega de premios foi feita polas autoridades alí presentes: Ricardo Rodicio (Concello de A Pobra do Brollón), Luis Fernández (Concello de Sober) e Marina Doutón (Concello de Monforte de Lemos)
Os premios desta edición foron para:
- 1º Premio divulgación: Xurxo Ayán (ao non poder asistir ao acto, recolleu o premio o seu tío)
- 1º Premio Banda Deseñada: Sara Rodríguez Barrientos (IES Daviña Rey)
- Accésit Banda Deseñada: Víctor Domínguez Fernández (IES Daviña Rey)
Ademais, puidemos visionar o conto María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo, elaborado polo CIM a partir dos traballos feitos polos alumnos e alumnas dos centros de Educación Primaria da Comarca; con voz en off da xornalista Manola Porto.
Tamén contamos nesta cea coa presenza de Xabier Quiroga, que nos agasallou coa lectura do seu texto: A miña biblioteca, a miña casa.
Ao remate do acto foi presentada a III EDICIÓN DO CERTAME MULLERES DE LEMOS, adicado neste ano a Lola de Penelas, unha oleira da terra de Gundivós no concello de Sober.
Para finalizar, desde o Colectivo queremos facer os seguintes agradecementos:
- Ao CIM pola súa colaboración no desenvolvemento dos obradoiros Mulleres de Lemos e o seu traballo para facer posible o visionado do conto de María Castaña durante a cea.
- Aos autores Olga Novo e Xabier Quiroga polos sus textos.
- Ao xurado do Certame: Manola Porto, Humberto Loureiro e Ángel Arnaiz.
- Ás entidades colaboradoras: Librería Agrasar, Imprenta Fénix, Chuzos e o Consorcio de Turismo.
- Ás autoridades que nos acompañaron representando aos concellos participantes: Sober, Monforte, Saviñao, Bóveda e especialmente ao concello anfitrión A Pobra do Brollón ao que lle estamos moi agradecidos así como á súa Concelleira de eventos Mónica que tanto colaborou con nós na organización deste acto.
- Non queremos esquecer tampouco a Pilar Sampedro, Asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia que nos honrou coa súa presenza e nos adicou unhas verbas animándonos a seguir con esta tarefa de divulgación e fomento da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario