miércoles, 24 de octubre de 2012

OS NOSOS COMEZOS

    Na comarca de Lemos, desde hai tempo estase a traballar na dinamización das bibliotecas. Este traballo víñase realizando desde bibliotecas escolares pertencentes ou non ao PLAMBE, bibliotecas públicas municipais e desde a Asociación de Libreiros.

    O traballo de dinamización realizado de xeito individual e a amizade entre algunhas das responsables destas bibliotecas foron o xerme deste colectivo.

    Así, o 24 de outubro de 2012, nunha primeira reunión de bibliotecarios convocada pola biblioteca do CEIP A Gándara con motivo do Día Internacional da Biblioteca, estúdanse fórmulas que nos permitan a coordinación xa que o coñecemento que os profesores e bibliotecarios temos do quefacer dos compañeiros é un coñecemento informal e pensamos que podemos aproveitar este traballo individual para activar unha rede de bibliotecas da comarca.

    Desta primeira reunión levamos unha boa impresión e a idea de potenciar esta rede como punto de encontro e coordinación das bibliotecas escolares e das bibliotecas públicas municipais favorecendo a creación dunha comunidade lectora entre a poboación escolar de primaria e secundaria pero tamén entre os adultos usuarios das BPM.

     Neste momento consideramos que nace o colectivo Lemos Le.




No hay comentarios:

Publicar un comentario