Por sexto ano, o noso colectivo ven de organizar un xantar de confraternidade para conmemorar o Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro;
no que nos reunimos persoas de todos os sectores relacionados coa
cultura, a lectura e a educación da nosa comarca.
Nesta ocasión a
reunión tivo lugar no Concello de Bóveda, por iso, comezamos esta xuntanza escoitando a Miriam Palmón, bibliotecaria do Concello anfitrión e a Cristina Juíz López Concelleira de Cultura para darnos a benvida ao Colectivo e a todos os asistentes.
Antes de xantar tamén puidemos escoitar na voz de Mónica, bibliotecaria do Saviñao, o texto co que a escritora do mesmo concello, Alicia Fernández, nos agasallou con motivo desta celebración.
E como recordo para os participantes nesta xuntanza, editamos un marcapáxinas co texto co que o ano pasado nos agasallou Ramón Sandoval, un texto que podedes ler aquí e que fala da súa relación persoal coa lectura e cos libros.
Despois de xantar, centrámonos no
V Certame Mulleres de Lemos. Unha muller para o 8 de marzo adicado a Genoveva González Prieto.
Para isto, da man do Centro de Información á Muller, fixemos un visionado do conto baseado na súa vida escrito por Mirian Palmón Díaz e ilustrado polo alumnado dos centros de Primaria da Comarca.
Para isto, da man do Centro de Información á Muller, fixemos un visionado do conto baseado na súa vida escrito por Mirian Palmón Díaz e ilustrado polo alumnado dos centros de Primaria da Comarca.
Despois desta fermosa proxección, membros do colectivo fixeron entrega dos premios correspondentes ao Certame Mulleres de Lemos:
1º PREMIO BANDA DESEÑADA: para Samanta López Vázquez e Celine Varela Zher (quen non puido acompañarnos no xantar) pola atmosfera poética que a impregna e que a través dun debuxo, que en ocasións se achega case á abstracción, consegue ofrecer unha narrativa visual moi interesante. Trátase dun debuxo maduro no que se xoga co uso da perspectiva e dos distintos planos para lograr cambios de ritmo que conseguen acrecentar o interese e a atención pola historia.
ACCÉSIT BANDA DESEÑADA para Víctor Domínguez polo gran coidado no seu acabado e presentación, así como o traballo, a limpeza das liñas e a personalidade do debuxo.
CATEGORÍA DIVULGACIÓN para Julio González Puente polo seu traballo A escola de Genoveva no que de forma autobiográfica relata a importancia desta mestra na súa educación.
Con esta entrega de premios damos por rematado o V Certame e
adiantamos que a VI edición terá como protagonista a unha muller do
Concello de Ferreira de Pantón
O acto finalizou cunhas verbas de José Manuel Arias López, alcalde de Bóveda, concello anfitrión nesta edición.
Desde o colectivo queremos facer os seguintes agradecementos:
- a Alicia Fernández polo seu texto,
- ao xurado do certame pola súa colaboración: Ángel Arnaiz, Ana Santiso e Marina Doutón.
- ao CIM por facer posible o obradoiro Unha muller para o 8 de marzo e o visionado do conto durante este xantar
- a Manola Porto por prestar a súa voz,
- ás autoridades que nos acompañaron e
- aos concellos participantes: A Pobra do Brollón, Monforte, O
Saviñao, Sober e especialmente ao noso anfitrión o Concello de Bóveda.
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario