sábado, 26 de agosto de 2017

FEIRA DO LIBRO DE MONFORTE - 2017

    A Feira do Libro de Monforte deste ano contou co noso colectivo para facer unha exposición das actividades que levamos feito en relación co fomento do libro e da lectura ao longo dos 5 anos de andaina.

   A preparación desta exposición levounos a reflexionar sobre o traballo realizado e podemos dicir que estamos satisfeitos con el. Claro que aínda hai moitas cousas que se poden mellorar pero pensamos que estamos no bo camiño.

    Desde aquí, queremos agradecerlle á organización desta Feira do Libro de Monforte que contase con nós para esta edición xa que supón un recoñecemento ao traballo que facemos.

miércoles, 23 de agosto de 2017

FEIRA DO LIBRO 2017

     Do 23 ó 26 de agosto e na rúa do Cardeal celebrarase a XX FEIRA DO LIBRO DE MONFORTE DE LEMOS.
    A XX Feira do Libro abrirá o vindeiro 23 de agosto, pola tarde e poderá visitarse ata o sábado. As casetas estarán abertas de 12 a 14 horas e durante a tarde de 18 a 22 horas. Serán catro xornadas de actividades nas que o público asistente poderá gozar de presentacións de libros, actividades infantís e sinaturas das obras por parte dos seus autores.
    A feira inaugúrase o mércores ás 19 horas co pregón a cargo de Yolanda Castaño e a actuación da Banda de Gaitas de Monforte.
   O sábado día 26, ás 19:00 horas será a presentación de actividades que o noso colectivo leva a cabo en relación co fomento do libro e da lectura ao longo de 5 anos de andaina (2012 - 2017)

lunes, 14 de agosto de 2017

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 21/8/2017

LUGAR: CENTRO DO VIÑO

HORA: 16:30

ORDE DO DÍA:

1) Feira do Libro 2017: preparación da presentación do colectivo o sábado día 26 ás 19:00 na Feira do Libro de Monforte.

2) Rogos e preguntas