sábado, 20 de octubre de 2018

V CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS

   Julio González Puente foi o gañador da  modalidade de divulgación do V Certame Mulleres de Lemos deste ano.

   O seu texto autobiográfico recorda con cariño a figura da mestra Genoveva González Prieto. Mostra a súa perspectiva como alumno e fala do que as súas ensinanzas supuxeron para aquel neno.

   Podes ler este traballo seguindo o enlace:

viernes, 19 de octubre de 2018

ALICIA FERNÁNDEZ: texto agasallo para o Colectivo Lemos Le no Día da Biblioteca 2018

BRANQUEO

   Da infancia tamén lembro o cheiro a lixivia da biblioteca, como os meus pais poden recordar o turrón do que falaban outros ou o proído das frieiras.

    Para unha nena que comezaba a ler debía ser entretido sentar na madeira e ir marcando as sílabas con dedos de merenda: deixar pistas para os seguintes lectores.

    Uns xogaban á caza da lebre e outros contentabámonos só co peso dun conto no colo. Seica na vida sempre é así.

   E logo supoño que se podería falar da lixivia, do branqueo e todo o resto.

Alicia Fernández
Día da biblioteca 2018

viernes, 12 de octubre de 2018

miércoles, 3 de octubre de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA 2018 - XANTAR DE CONFRATERNIDADE

    Para conmemorar o Día da biblioteca, desde o colectivo organizamos por sexto ano un xantar de confraternidade para reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos.

     Durante o xantar farase entrega dos premios do V Certame Mulleres de Lemos: Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de marzo e presentarase a sexta edición do mesmo.

martes, 25 de septiembre de 2018

PARABÉNS ANTÓN LOPO!!

    Desde o Colectivo queremos felicitar ao autor monfortino Antón Lopo que acaba de gañar a II edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega coa súa novela Extraordinario.


viernes, 14 de septiembre de 2018

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 18/09/2018

LUGAR: BIBLIOTECA IES DAVIÑA REY

HORA: 20:00

ORDE DO DÍA:

1) Día da Biblioteca 2018: organización do xantar, deseño do cartel, puntos de lectura conmemorativos e elección do escritor convidado.

2) Certame Mulleres de Lemos: exposición de traballos premiados e premios.

3) Difusión da conmemoración: nota de prensa e distribución de carteis.

4) Rogos e preguntas