Dentro do Colectivo, volvemos a ter dúas bibliotecas que cos seus proxectos foron premiadas na XIX Campaña de Animación a Lectura María Moliner organizada polo Ministerio de Educación.
Este concurso ten por obxectivo "premiar a aquelas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, á eficiencia e á labor bibliotecaria, á integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías" (www.mecd.gob.es).
Acadar este galardón un ano máis e ademais consecutivamente, reflexa o bo facer de Mónica
Carballo Quiroga e de Julia Fernández Garza.
PARABÉNS COMPAÑEIRAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario