lunes, 5 de junio de 2017

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 12/6/2017

LUGAR: IES Daviña Rey

HORA: 20:30

ORDE DO DÍA:

1) Recomendacións lectoras verán 2017

2) Rogos e preguntas

lunes, 29 de mayo de 2017

XORNADA ESCORNABÓTICA entre bibliotecas Lemos Le

    O Colectivo Lemos Le, organizou unha xornada escornabótica entre bibliotecas escolares da Comarca de Lemos.
    A Biblioteca do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, aportounos as propostas didácticas elaboradas dentro do proxecto piloto da biblioteca para animar aos demais centros a facer escornabóticas as súas bibliotecas.

sábado, 20 de mayo de 2017

26 PEQUENAS OLLADAS ÁS LETRAS DE LEMOS DO A AO Z

     Esta exposición está adicada a 26 escritores, escritoras ou colectivos relacionados coa literatura nas Terras de Lemos con representación de todos os Concellos que a forman.

    Foi elaborada por Xosé Martínez quen ademais foi o noso guía nesta visita.
 Cada unha destas olladas, está recollida nun dobre panel composto por unha síntese biográfica, bibliográfica, fotos e unha escolma dalgún dos seus textos.
 
    Reproducimos algúns dos paneis que fan referencia a autores que colaboraron con este colectivo.





   Moitas grazas a Xosé por esta visita guiada e por acordarse do Colectivo nos seus agradecementos

viernes, 19 de mayo de 2017

XORNADA ESCORNABÓTICA

   O luns día 29 de maio ás 18:00 horas, celebrarase unha xornada escornabótica para as persoas interesadas en asistir e coñecer máis sobre estes pequenos robots deseñados dentro dun proxecto de Hardware libre.

   Os escornabots están a formar parte das bibliotecas para ampliar as linguaxes presentes nelas, promover a linguaxe de programación, a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipultaiva, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo.

miércoles, 17 de mayo de 2017

26 pequenas olladas ás letras de Lemos do A ó Z

    O sábado día 20 de maio ás 17:45 horas, faremos unha visita guiada a Exposición Letras Galegas 2017 da man de Xosé Martínez.

   Ao este roteiro literario polas 26 pequenas olladas ás letras de Lemos do A ó Z, estades todos convidados!!

martes, 16 de mayo de 2017

AMPLIADO O PRAZO PARA O CERTAME MULLERES DE LEMOS

Este Colectivo, en reunión do día 15 de maio de 2017, acorda AMPLIAR o prazo de entrega de traballos para o IV Certame de Divulgación Mulleres de Lemos ata o 15 de setembro. 

Os demais puntos das bases do Certame mantéñense igual:

LUGAR DE PRESENTACIÓN: bibliotecas municipais ou escolares dos centros educativos da comarca de Lemos pertencente ao colectivo Lemos Le.

MODALIDADES:
    a. Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos, e
    b.
Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.

EXTENSIÓN  DOS  TRABALLOS: extensión mínima e máxima de:
 
a. De 2 a 4 páxinas para Banda deseñada
 
b. De 10 a 25 páxinas para Traballo de divulgación, en tamaño de folio DIN A4 mecanografados por unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra 12.