LUGAR: IES Daviña Rey
HORA: 20:30
ORDE DO DÍA:
1) Recomendacións lectoras verán 2017
2) Rogos e preguntas
lunes, 5 de junio de 2017
lunes, 29 de mayo de 2017
XORNADA ESCORNABÓTICA entre bibliotecas Lemos Le
O Colectivo Lemos Le, organizou unha xornada escornabótica entre bibliotecas escolares da Comarca de Lemos.
A Biblioteca do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, aportounos as propostas didácticas
elaboradas dentro do proxecto piloto da biblioteca para animar aos
demais centros a facer escornabóticas as súas bibliotecas.
sábado, 20 de mayo de 2017
26 PEQUENAS OLLADAS ÁS LETRAS DE LEMOS DO A AO Z
Esta exposición está adicada a 26 escritores, escritoras ou colectivos relacionados coa literatura nas Terras de Lemos con representación de todos os Concellos que a forman.
Foi elaborada por Xosé Martínez quen ademais foi o noso guía nesta visita.
Moitas grazas a Xosé por esta visita guiada e por acordarse do Colectivo nos seus agradecementos
Foi elaborada por Xosé Martínez quen ademais foi o noso guía nesta visita.
Cada unha destas olladas, está recollida nun dobre panel composto por unha síntese biográfica, bibliográfica, fotos e unha escolma dalgún dos seus textos.
Reproducimos algúns dos paneis que fan referencia a autores que colaboraron con este colectivo.
viernes, 19 de mayo de 2017
XORNADA ESCORNABÓTICA
O luns día 29 de maio ás 18:00 horas, celebrarase unha xornada escornabótica para as persoas interesadas en asistir e coñecer máis sobre estes pequenos robots deseñados dentro dun proxecto de Hardware libre.
Os escornabots están a formar parte das bibliotecas para ampliar as linguaxes presentes nelas, promover a linguaxe de programación, a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipultaiva, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo.
miércoles, 17 de mayo de 2017
26 pequenas olladas ás letras de Lemos do A ó Z
O sábado día 20 de maio ás 17:45 horas, faremos unha visita guiada a Exposición Letras Galegas 2017 da man de Xosé Martínez.
Ao este roteiro literario polas 26 pequenas olladas ás letras de Lemos do A ó Z, estades todos convidados!!
martes, 16 de mayo de 2017
AMPLIADO O PRAZO PARA O CERTAME MULLERES DE LEMOS
Este Colectivo, en reunión do día 15 de maio de 2017, acorda AMPLIAR o prazo de entrega de traballos para o IV Certame de Divulgación Mulleres de Lemos ata o 15 de setembro.
Os demais puntos das bases do Certame mantéñense igual:
LUGAR DE PRESENTACIÓN: bibliotecas municipais ou escolares dos centros educativos da comarca de Lemos pertencente ao colectivo Lemos Le.
MODALIDADES:
a. Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos, e
b. Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.
EXTENSIÓN DOS TRABALLOS: extensión mínima e máxima de:
a. De 2 a 4 páxinas para Banda deseñada
b. De 10 a 25 páxinas para Traballo de divulgación, en tamaño de folio DIN A4 mecanografados por unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra 12.
lunes, 8 de mayo de 2017
CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 15/5/2017
LUGAR: IES Daviña Rey
HORA: 20:30
ORDE DO DÍA:
1) IV Certame Mulleres de Lemos: ampliación do prazo de presentación de traballos.
2) Exposición Letras Galegas 2017: 26 pequenas olladas ás letras de Lemos do A ao Z
3) Xornada de Formación entre bibliotecas: Escornabots
5) Rogos e preguntas
HORA: 20:30
ORDE DO DÍA:
1) IV Certame Mulleres de Lemos: ampliación do prazo de presentación de traballos.
2) Exposición Letras Galegas 2017: 26 pequenas olladas ás letras de Lemos do A ao Z
3) Xornada de Formación entre bibliotecas: Escornabots
5) Rogos e preguntas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














