lunes, 8 de mayo de 2017

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 15/5/2017

LUGAR: IES Daviña Rey

HORA: 20:30

ORDE DO DÍA:

1) IV Certame Mulleres de Lemos: ampliación do prazo de presentación de traballos.


2) Exposición Letras Galegas 2017: 26 pequenas olladas ás letras de Lemos do A ao Z


3) Xornada de Formación entre bibliotecas: Escornabots

5) Rogos e preguntas

jueves, 4 de mayo de 2017

CONTACONTOS-ROTEIRO BALBINA LÓPEZ SOMOZA

Os alumnos de 5º de Primaria do CPI Dr. López Suárez de Escairón na súa visita á biblioteca municipal, ademais de achegarse á biografia de Balbina López puideron ver os traballos presentados ós certames de Banda Deseñada de María Castaña e Lola de Penelas que este mes decoran a biblioteca.
balbina con 5º1
Atentos á biografía de Balbina López e sobre todo a fotos da súa vida.
Á esquerda vense expostos os traballos de Banda Deseñada sobre María Castaña.

Para rematar a visita, fixeron un breve percorrido pola vila de Escairón para coñecer os sitios máis relevantes de Escairón para coñecer a Balbina López: as rúas Pardo Bazán e Doctor Portela nas que viviu, a Praza maior onde tiña a súa farmacia e mercaba as froitas e verduras no mercado, e as dúas farmacias que hai hoxe na vila.
balbina con 5º3
Vemos onde estaba a farmacia que rexentou Balbina López
antes de que coa reforma do edificio
para albergar a residencia se trasladara uns metros rúa arriba.

balbina con 5º2
Aquí vemos onde os campesiños vendían os seus excedentes
de produción durante a semana na praza Maior.


sábado, 22 de abril de 2017

Contos de Mesopotamia

    Queremos compartir o nacemento da BIBLIOTECA  DE  MESOPOTAMIA. Unha iniciativa da editora Chan da Pólvora, que dirixe o escritor Antón Lopo e que se presentou na Pinacoteca dos Escolapios coa presenza de representantes da Real Academia Galega, a Asociación de Escritores, o PEN club e autoridades provinciais de Lugo e Ourense, ademais dos alcaldes da comarca. 


   En palabras de Antón Lopo, Biblioteca de Mesopotamia nace co obxectivo de "reconstruír unha paisaxe literaria sobre a paisaxe xeográfica" para "darlle densidade de linguaxe ao horizonte que compartimos todas as mañás cada vez que espertamos: nomear o silencio orográfico da nosa identidade común"


"Esta Biblioteca vai a ser unha colección de publicacións que trazarán un horizonte común co territorio onde conflúen os ríos Sil e Miño; un patrimonio que aspira a converterse en Patrimonio da Humanidade"
MOITA  SORTE  NESTA  ANDADURA!!

Máis información aquí


jueves, 20 de abril de 2017

ARTIGO PILAR SAMPEDRO

   Compartimos o artigo que escribiu Pilar Sampedro para o blogue Historia de Galicia no que cita ao noso colectivo falando de concursos relacionados coa Historia.

Moitas grazas Pilar!!
http://historiadegalicia.gal/2017/04/pedro-madruga-maria-solina-cotolai-aprender-divertirse-e-ganar-premios-coa-historia-de-galicia/

viernes, 7 de abril de 2017

RECOMENDACIÓNS PARA ESTA PRIMAVERA

APRENDER  A  COMER  SOLO (Lidia Folgar)

CON EL OJO DE LA i (Mar Benegas) Ed. A buen paso
POEMAS  BIROLLOS  PARA  LER  COS  OLLOS (Fran Alonso) Ed. Xerais

COLECCIÓN  DE  CURIOSIDADES. Ed. Larousse

MI  HERMANO  ES  UN  SUPERHÉROE. (David Salomóns) Ed. Molino
XUVENIL

      AS CRÓNICAS DE LANDEREINA, DE SABELA GONZÁLEZ
      LAURA DAS NEVES, DE PASI ILMARI JÄÄSKELÄINEN

ADULTOS
  • PATRIA, DE F. ARAMBURU
  • EL LIBRO DE LA MADERA, DE LARS MYTTING
  • O VERÁN SEN HOMES, DE SIRI HUSTVEDT
  • O OURO DE OURENSE, DE BIEITO IGLESIAS

miércoles, 5 de abril de 2017

I ROTEIRO BALBINA LÓPEZ SOMOZA

    Alumnos de O Saviñao participan no primeiro 'Roteiro Balbina López Somoza'

    Da man de Mónica Carballo, bibliotecaria de O Saviñao, o alumnado de 1º ESO do CPI Dr. López Suárez realizou este roteiro. 
   Entre os sitios visitados están as dúas farmacias locais, as rúas nas que viviu a farmacéutica e o cemiterio municipal onde repousan os seus restos. Ademais puideron coñecer lugares importantes e datos demográficos, sociais, económicos e politícos da época.

lunes, 3 de abril de 2017