LUGAR: IES Daviña Rey
HORA: 20:30
ORDE DO DÍA:
1) Día da Biblioteca: pago dos marcapaxinas
3) Recomendacións letoras de Nadal
5) Rogos e preguntas
viernes, 16 de octubre de 2015
jueves, 15 de octubre de 2015
miércoles, 14 de octubre de 2015
XABIER QUIROGA: A MIÑA BIBLIOTECA, A MIÑA CASA
Na casa de aldea onde
nacemos meu irmao e mais eu non había libros. Moito menos
biblioteca. Pero esa casa empezou a arder aos 19 días e, co apuro e
para salvar o que importa, botáronnos por unha xanela, porque cos
toxos secos que estraran meus tíos nas cortes xa se sabe, cando
planta o lume neles non agarda a que saias pola porta.
A casa á que nos levaron,
de quitado algún misal de atrasada realidade, tampouco tiña libros.
Pero detrás do mesado de azulexo da cociña de labregos, alí, ao
quente, meu irmao e mais eu escoitamos as primeiras historias que
contaban vellos moi vellos que sabían o que sabe a idade das cousas
que pasan. Mentres comían do que había e bebían viño novo,
falaban de lobos e de aparecidos, de amores e de vinganzas, da vida e
do que esta carreta. Non había libros, pero si a palabra.
Esa
foi a segunda.
A terceira casa á que nos
levaron, tan pouca cousa ela como a estreiteza dunha posguerra sen
consolo, refuxiábase nun arrabaldo de vila que quería ser e non
daba. Alí empezamos a correr polos carreiros e atallar polas
carballeiras, a perdernos coas recuas de nenos e nenas enzoufados de
lama que procuran sen desmaio o que ninguén perdeu. Pero a casa en
si era un desastriño, non tiña de nada, así que tampouco ninguén
agardaba que nela houbese libros.
Na cuarta casa á que nos
levaron, feita de novo e coas maos da familia e o esforzo de moitos,
miña nai quixo deixar, iso si, un estante baleiro, como para
enchelo algún día de tarecos decorativos. Debo dicir que desde esa
casa víanse, aínda se ven, as bretemosas terras de Lemos e a torre
do seu castelo como aboiando no gris.
Pasou algún ano e, sendo eu
rapazolo e no da Celia do Cubano, un ultramarinos vello que axiña
deu en tenda e precedeu a un super que logo e se o deixasen
seguramente acabaría de hiper ou centro comercial á americana,
apareceu como por encanto un expositor deses de varillas metálicas
que xiran desde un eixo vertical e que tiña algo que, como a chispa
acende na palla seca, acendeu o meu maxín: libros. Novelas, mellor
dito.
Así que alí, onde antes
meu irmao e mais eu mercabamos os churruscos coas escasas pesetas
que, sen saber como, lograba xuntar un cativo no peto, a vida deu un
chouto e engaioloume.
Era eu rapaz inocente e
indeciso e lembro que pasei moitas horas de varios días como pasmado
diante dese expositor ao que lle daba voltas e máis voltas para
escoller un único libro. O primeiro. E sería naquela desaparecida
colección Reno de novelas baratas e autores tan descoñecidos que eu
imaxinaba doutra galaxia onde descubrín o engado.
Nesa colección e nesa tenda
que axiña pechou merquei eu o meu primeiro libro, certo. Pero logo
de lelo, de devoralo, como o pirata que quere agochar o seu tesouro,
coloqueino naquel estante da casa que miña nai deixara baleiro. Ese
foi o primeiro. Logo virían máis, todos os que puidemos. E desde
alí, vendo as terras de Lemos, meu irmao e mais eu lemos. Lemos
mirando Lemos nesa nosa primeira biblioteca. E coa biblioteca que
inciamos e que se iría enchendo aos poucos, a casa pareceu máis
casa e o maxín puido voar sen remedio.
Logo virían viaxes cara a
outros lugares, outras casas con outras xentes e outras bibliotecas
con moitos libros, pero nese andel onde colocamos o primeiro libro,
nesa casa onde lemos esa primeria novela e nesa cativa biblioteca que
fomos completando como se completa un álbun de cromos na infancia,
temos claro que aniña parte de nós.
Por iso agora, moitos anos
despois, e aínda sabendo como sei que non é o lugar senón a persoa
o que verdadeiramente importa, cando entro nunha biblioteca e me
perdo co maxín nas páxinas de calquera libro, sei que estou na miña
casa.
Xabier
Quiroga outono 2015
Agradecemos a Xabier Quiroga este texto,
agasallo para o Colectivo Lemos Le no Día da Biblioteca - 2015
DÍA DA BIBLIOTECA 2015
Para conmemorar o Día
da Biblioteca
que se celebra o 24
de outubro;
organizamos por terceiro
ano unha cea
de confraternidade
para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a
educación.
A
cea celebrarase
o
día 24
de outubro
no Restaurante
As Viñas
de
A Pobra do Brollón,
para asistir
deberá recoller a súa entrada nas
Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra do Brollón, Bóveda,
Saviñao, Sober; no IES Daviña Rey ou no propio restaurante ata
o día
23
de
outubro incluído
a
un prezo de
20
€
Con
este acto queremos reivindicar a importancia do papel
das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores,
lugar de encontro e centros de información e recursos.
Durante
a mesma farase entrega dos premios do II
Certame de Divulgación Mulleres de Lemos: María
Castaña
correspondentes aos seguintes participantes:
- 1º Premio divulgación: Xurxo Ayán
- 1º Premio banda deseñada: Sara Rodríguez Barrientos (IES Daviña Rey)
- Accésit categoría banda deseñada: Víctor Domínguez Fernández (IES Daviña Rey)
Tamén
organizamos un
Roteiro polas terras de María Castaña que
se realizará o domingo día
25 pola mañá guiado de
xeito altruísta polo historiador e gañador do certame
Xurxo Ayán. A saída será ás
10:00 horas do cruce de Cereixa.
Ademais
convocarase oficialmente a
III
Edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos dedicada
este ano á figura
de Lola
de
Penelas: unha
muller oleira.
Desde
o colectivo queremos facer os seguintes agradecementos:
- Ao CIM (Centro de Información á Muller) polo desenvolvemento dos obradoiros María Castaña: Unha muller para o 8 de marzo; e a tramitación da publicación do libro do mesmo título elaborado polos nenos dos centros da comarca.
- A Xabier Quiroga, autor de O Saviñao que este ano nos agasallou cun texto para conmemorar o Día da Biblioteca.
- A Xurxo Ayán que guiará o Roteiro polas terras de María Castaña
- Ao xurado que desinteresadamente colaborou neste certame:- Ángel Arnaiz González- Manola Porto Arias- Humberto Loureiro Argullós
viernes, 9 de octubre de 2015
CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 14/10/2015
LUGAR: IES Daviña Rey
HORA: 20:30
ORDE DO DÍA:
1) Día da Biblioteca: aspectos organizativos
2) Exposición dos traballos premiados.
4) Nota de prensa: horarios, agradecementos, premiados...
5) Rogos e preguntas
HORA: 20:30
ORDE DO DÍA:
1) Día da Biblioteca: aspectos organizativos
2) Exposición dos traballos premiados.
4) Nota de prensa: horarios, agradecementos, premiados...
5) Rogos e preguntas
miércoles, 30 de septiembre de 2015
CONVOCATORIA DE REUNIÓN 30/09/2015
LUGAR: IES Daviña Rey
HORA: 20:30
ORDE DO DÍA:
1) Premios II Certame Mulleres de Lemos.
2) Día da Biblioteca: menú, ruta, deseño do cartel, marcapáxinas e outros aspectos organizativos.
3) Exposición dos traballos premiados.
4) Nota de prensa
5) Rogos e preguntas
HORA: 20:30
ORDE DO DÍA:
1) Premios II Certame Mulleres de Lemos.
2) Día da Biblioteca: menú, ruta, deseño do cartel, marcapáxinas e outros aspectos organizativos.
3) Exposición dos traballos premiados.
4) Nota de prensa
5) Rogos e preguntas
viernes, 19 de junio de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



