viernes, 19 de junio de 2015
martes, 26 de mayo de 2015
ROTEIRO LITERARIO LOIS PEREIRO E EXPOSICIÓN: 17 OLLADAS ÁS LETRAS E TERRAS DE LEMOS
O martes 26 de maio foi o día adicado a facer, coma todos os
anos unha ruta literaria e gastronómica da man de Xosé Martínez.
A
ruta partiu da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro tras realizar a
visita guiada á interesantísima exposición 17 0lladas ás letras e terras de Lemos.
A exposición permite facer un percorrido literario pola Terra de Lemos dende a época medieval ata a actualidade a través do achegamento a dezasete escritores e escritoras vinculados á comarca de Lemos pola temática dalgúns dos seus textos ou as máis das veces por aspectos biográficos.
Deste modo a mostra permite achegarse a escritores da época medieval (Pero de Veer) dos Séculos Escuros (Bacharel Olea), do Rexurdimento (Manuel Yáñez González) e do século XX (Joaquín Arias Sanjurjo, Roberto Martínez Andrade, Antón Patiño Regueira, Maruxa Fernández, Manuel María, Lois Diéguez, Xosé Lois García, Lois Pereiro, Sabela Rodríguez Oxea, Xavier Quiroga e Olga Novo).
Tamén se inclúen na exposición achegas a colectivos que recompilaron literatura popular como o caso dos Estraloxos de Vilar de Ortelle no Concello de Pantón ou o Trícole e O Colado do Vento no Concello de Sober.
A mostra en definitiva permite achegarse á literatura galega vinculada á
Terra de Lemos dende a idade media ata a actualidade e coñecer a
dezasete figuras relacionadas con ela, pero ao mesmo tempo tamén ofrece
unha ollada xeral á literatura galega dende a idade media ata a a
actualidade e a algúns feitos históricos relevantes en Galicia tamén
dende o período medieval ata a actualidade.
Por outra parte o protagonismo da
Terra de Lemos na exposición reflíctese nunha parte dos 33 paneis que a
compoñen en que se fan olladas
breves a aspectos xeográficos, históricos e patrimoniais dos seis
concellos da comarca: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do
Brollón, O Saviñao e Sober, acompañadas de magníficas fotografías de Jesús Rodríguez Montero.
Os escritores, escritoras e colectivos aos que se achega a exposición están vinculados, aos seis concellos da comarca.
Os textos da mostra foron recompilados por X. Martinez quen agradece a
colaboración do persoal da Área de Cultura do Concello de Monforte de
Lemos, das Bibliotecas Muncipais dos concellos da Terra de Lemos e do
colectivo Lemos Le.
O colectivo das bibliotecas manifestou un gran interés polos documentos
expostos, destacando a información e recompilación de material que
aporta; e tentará levar a cabo un labor de difusión entre o alumnado e
profesorado dos centros de ensino e población en xeral.
Os participantes
foron recorrendo lugares que marcaron as distintas etapas da vida do
autor monfortino Lois Pereiro.
Rematouse a actividade coa visita a algún
dos bares participantes no certame Cume Tapas
Ao día seguinte a prensa fíxose eco da nosa actividade (recorte de El Progreso)
viernes, 22 de mayo de 2015
domingo, 17 de mayo de 2015
INTERCAMBIO DE LIBROS ENTRE PARTICULARES NO MERCADO
Durante o Mercado das Letras e das Flores, que tivo lugar os días 16 e 17 de Maio; os particulares que trouxeron libros ás nosas bibliotecas, disfrutaron deste espazo para escoller os novos libros que ían a levar.
O noso espazo estivo moi animado e nel, tanto nenos como adultos, puideron desfrutar dos libros.
O noso espazo estivo moi animado e nel, tanto nenos como adultos, puideron desfrutar dos libros.
miércoles, 13 de mayo de 2015
LOIS PEREIRO: EXPOSICIÓN E ROTEIRO LITERARIO
Na Casa da Cultura de Monforte de Lemos por mor das letras galegas e do seu recente cambio de nome: Casa da Cultura poeta Lois Pereiro pódese visitar unha exposición sobre este autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Gelgas en 2011.
Ademáis o martes día 26, celebrarase un roteiro literario polas rúas de Monforte co poeta Lois Pereiro como protagonista.
Ademáis o martes día 26, celebrarase un roteiro literario polas rúas de Monforte co poeta Lois Pereiro como protagonista.
jueves, 7 de mayo de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







