viernes, 6 de marzo de 2015

II CERTAME MULLERES DE LEMOS: MARÍA CASTAÑA


Para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza por segundo ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
 
O Certame deste ano estará dedicado a María Castaña como líder da revolta medieval que se produciu en Cereixa (A Pobra de Brollón) para protestar polos impostos que demandaba a Igrexa aos campesiños.

As actividades que levaremos a cabo serán as seguintes:

-      O obradoiro “María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a vida das mulleres no século XIV: os roles que tiñan e a falta de dereitos que padecían simplemente por ser mulleres e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da vida de María Castaña.

   Premendo na seguinte imaxe podedes acceder á presentación elaborada polo CIM para este obradoiro
https://drive.google.com/file/d/0B1dZpvoiedBadzh1XzQwaU5PYnM/view
-      II Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para a poboación de Secundaria e Bacharelato (de 12 a 18 anos) na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo en branco e negro que plasme a historia de María Castaña (extensión de 2 a 4 páxinas).

-      II Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).

lunes, 2 de marzo de 2015

EXPOSICIÓN BANDA DESEÑADA: INÉS DE CASTRO

    A exposición dos traballos presentados ao Certame Mulleres de Lemos: Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo; sigue a súa andaina polas bibliotecas pertencentes ao Colectivo.

   Agora poden disfrutar dela os alumnos e alumnas do CEIP Virxe do Carme de Sober.


jueves, 12 de febrero de 2015

CONVOCATORIA DE REUNIÓN 25/2/2015

LUGAR: IES Daviña Rey

HORA: 20:00

ORDE DO DÍA:
1) II Certame Mulleres de Lemos: concreción de actividades e publicación das bases
2) Premios Irmandade do Libro; revisión e aprobación da memoria a enviar

viernes, 30 de enero de 2015

EXPOSICIÓN B.D. INÉS DE CASTRO



   Exposición na Biblioteca Pública Municipal de Sober; dos traballos premiados no I Certame Mulleres de Lemos: Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo na categoría Banda Deseñada.

martes, 20 de enero de 2015

CONVOCATORIA DE REUNIÓN DO COLECTIVO 28/01/2015

LUGAR: Biblioteca do IES Daviña Rey

HORA: 20:00 horas

ORDE DO DÍA:
1) II Certame Mulleres de Lemos: María Castaña
2) Edición do texto gañador do certame de divulgación Inés de Castro
3) Distribución dos libros editados polo CIM
4) Presentación do colectivo aos premios Irmandade do Libro da Asociación de Libreiros
5) Letras de Lemos
6) Rogos e preguntas

jueves, 18 de diciembre de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL - 2014

   Outro nadal máis queremos compartir as nosas recomendacións lectoras para esta época do ano; así que le tamén en Nadal.




miércoles, 17 de diciembre de 2014

PUBLICACIÓN DO CONTO INÉS DE CASTRO. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO

    O pasado curso; organizamos desde o Colectivo coa colaboración do CIM de Monforte o proxecto Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo no que cada un dos trece centros participantes elaborou unha ilustración representativa dunha etapa da vida de Inés de Castro.
  
    Como resultado do traballo no que os nenos e nenas mostraron gran creatividade ilustrando a historia desta muller; vimos de asistir á presentación do conto titulado como o proxecto: Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo. 

     O CIM foi o encargado de maquetar o conto e xestionar a subvención do Fondo Social Europeo que permitiu  a súa publicación; polo que desde o colectio queremos agradecer públicamente a súa xestión. 

     Ana Casal, Concelleira de Igualdade de Monforte, como representante do CIM foi a encargada de entregar aos alumnos e alumnas dos diferentes centros e as bibliotecarias das Bibliotecas públicas municipais varios exemplares dos libros editados.

Podes ver o libro premendo na imaxe: