miércoles, 17 de diciembre de 2014
martes, 2 de diciembre de 2014
REUNIÓN DO COLECTIVO 9/12/2014
LUGAR: IES Daviña Rey
HORA: 20:00 horas
ORDE DO DÍA:
1) Recomendacións lectoras de Nadal
2) Certame Mulleres de Lemos
3) Actividades nos centro arredor de María Castaña
4) Rogos e preguntas
HORA: 20:00 horas
ORDE DO DÍA:
1) Recomendacións lectoras de Nadal
2) Certame Mulleres de Lemos
3) Actividades nos centro arredor de María Castaña
4) Rogos e preguntas
jueves, 23 de octubre de 2014
OLGA NOVO: UNIVERSO DE LIBROS, UNIVERSO DE VACAS
UNIVERSO DE LIBROS, UNIVERSO DE VACAS
O célebre escritor arxentino Jorge Luis Borges imaxinou o Universo baixo a forma dunha biblioteca. E soñou tamén cun libro de area que non tiña fin. Eu sempre soñei coa inmensa bibioteca de Alexandría que chegou a conter milleiros de papiros que tiñan, enroledado, todo o saber da Antigüidade.
Pero o meu universo da infancia non tiña libros. O meu universo da infancia tiña vacas. Tamén ovellas, coellos, cans... pero sobre todo vacas. O meu cuarto estaba xusto enriba da corte e escoitaba nas frías noites do inverno, tapada ata os olliños, o son das cadeas ás que estaban presas as vacas e oía os seus bufidos, a súa respiración e as queixas daquelas que estaban a piques de parir.
Adormecía co seu alento e espertaba tamén co muar madrugador dalgunha delas que xa pedía que a munguiran. O caso é que aquel meu cuarto, xa na mocidade, empezou a albergar algúns libros, exemplares de poesía, libros de historia, manuais de feminismo, biografías, novelas de Tolstoi e Flaubert, humildes edicións baratas dos clásicos, libros mercados cos aforriños e libros regalados con xenerosidade, xoia do ouro do pracer máis prezado; e a inmensa biblioteca entraba no meu cuaro polos soños. Eu acariñaba aqueles libros coma se fosen xentes queridas e debruzada na madrugada sobre as súas páxinas viaxei polo mundo sen saír da pequena aldea, do pequeno cuarto, da pequena cama desde onde oía respirar ás vacas.
E así foi como aqueles libros do meu cuarto recibiron o profundo perfume das vacas que vivían xusto debaixo e o tecido de papel impregnouse para sempre daquel olor. Aqueles libros viaxaron en maletas a Santiago, á Coruña e mesmo algúns deles viñeron canda min vivir sete anos na Bretaña. Mais ningunha viaxe, ningún lugar, foi capaz de lle arrebatar o perfume: nin o mar da Coruña nin a marusía bretoa se impuxeron ao olor da herba e do alento das vacas.
Por iso o meu universo de libros foi e será sempre un universo de vacas: a alta cultura leva para min o perfume labrego, o olor potente e profundo da máis fonda sabiduría do pobo.
Olga Novo
Agradecemos a Olga Novo este texto, agasallo para o Colectivo Lemos Le no Día da Biblioteca - 2014
CEA DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA - 2014
Ademais nesta ocasión, fíxose entrega dos premios do I CERTAME MULLERES DE LEMOS: INÉS DE CASTRO. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO.
A xornalista Manola Porto, como portavoz do xurado deste certame; foi a encargada da lectura da Acta dando a coñecer así os gañadores os cales recibiron os correspondentes premio da man dos alcades de Sober, Monforte de Lemos e A Pobra de Brollón.
Os premiados foron:
- Xosé Martínez Rodríguez. 1º premio Certame Divulgación polo seu traballo Pequena historia dunha raíña de Lemos
- Víctor Domínguez Fernández. 1º premio Banda deseñada
- Cristina Fernández Silvosa e María Armesto Luaces. Accésit Banda Deseñada.
Ao remate do acto, Antón Vidal, representante do colectivo leu un fermoso tecto que a escritora Olga Novo nos adicou para este evento.
Tamén foi presentada II Edición do Certame Mulleres de Lemos adicado nesta ocasión a María Castaña, a líder da revolta medieval que se produciu en Cererixa (A Pobra de Brollón) coa intención de seguir potenciando a investigación e difusión da cultura na nosa comarca.
O colectivo quedou moi contento con esta cea de conmemotación que como na primeira ce acelbrada contou tamén contou con moita asistencia e foi recollida na prensa da comarca.

martes, 21 de octubre de 2014
INÉS DE CASTRO. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO - Centros de Secundaria e Adultos
Coa modalidade de banda deseñada, esta convocatoria tratou de de implicar ao alumnado de Secundaria e Bacherelato nunha actividade multidisciplinar na que tiveron que facer un traballo artístico e creativo para o que precisaron unha documentación previa, a adaptación da historia medieval ao formato de banda deseñada e a realización da BD para presentala ao certame.
Esta iniciativa tivo unha boa aceptación entre a poboación escolar e entre o profesorado de plástica o que deu como resultado traballos de alta calidade motivo polo cal habilitáronse dous accésits ademais do premio principal.
Os premiados foron:
- Cristina Fernández Silvosa e María Armesto Luaces. Accésit
O traballo premiado foi a narración de Xosé Martínez Rodríguez: Pequena historia dunha raíña de Lemos
Para a seleción dos traballos en ambas modalidades contamos cun bo xurado formado por xornalistas, historiadores e artistas da comarca aos que lles queremos agradecer a súa colaboración.
·
Ángel
Arnaiz González
·
Sara
Álvarez Otero
·
Manola
Porto Arias
·
Humberto
Loureiro Argullós
Tamén agradecemos aos
Concellos de A Pobra de Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao e Sober
así como ao Centro do Viño, A Troula e ás librerías Agrasar e Fénix a súa doazón
dos premios.
miércoles, 15 de octubre de 2014
NOTA DE PRENSA: CEA DE CONFRATERNIDADE PARA O DÍA DA BIBLIOTECA
O Colectivo Lemos
Le para conmemorar o Día da
Biblioteca que se celebra o 24 de
outubro; organiza por segundo ano unha cea
de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a
lectura e a educación.
A cea está aberta a todas as persoas interesadas que
deberán recoller as súas entradas no Museo
do Viño ata o día 22 de outubro
incluído a un prezo de 20 €.
Con este acto queremos reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de
cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e
recursos.
Durante a mesma farase entrega dos premios do I Certame de Divulgación Mulleres de Lemos:
Inés de Castro correspondentes aos seguintes participantes:
-
1º
Premio divulgación: Xosé Martínez Rodríguez
-
1º
Premio banda deseñada: Víctor Rodríguez
Fernández (IES Daviña Rey)
-
Accésit
categoría banda deseñada:
Cristina Fernández Silvosa (IES Daviña Rey)
María
Armesto Lucas (IES Daviña Rey)
Ademais convocarase oficialmente a segunda edición
dedicada este ano á figura de María
Castaña.
Desde o colectivo queremos facer os seguintes
agradecementos:
-
Ao
CIM (Centro de Información á Muller)
polo desenvolvemento dos obradoiros Inés
de Castro: Unha muller para o 8 de marzo;
facendo fincapé na publicación do libro do mesmo título elaborado polos
nenos dos centros da comarca de Lemos.
-
Aos
Concellos de A Pobra de Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao e Sober
así como ao Centro do Viño, A Troula e ás librerías Agrasar e Fénix pola doazón
dos premios.
-
Ao
xurado que desinteresadamente colaborou neste certame:
·
Ángel
Arnaiz González
·
Sara
Álvarez Otero
·
Manola
Porto Arias
·
Humberto
Loureiro Argullós
miércoles, 8 de octubre de 2014
REUNIÓN DO COLECTIVO 15/10/2014
LUGAR: A Troula
HORA: 20:00 horas
ORDE DO DÍA:
1) Organización dos premio do I Certame Mulleres de Lemos
2) Día da Biblioteca: cea, esposición de traballos, impresión de adhesivos, deseño do cartel e outros
3) Redacción da nota de prensa sobre o Día da biblioteca

Suscribirse a:
Entradas (Atom)