miércoles, 15 de octubre de 2014

NOTA DE PRENSA: CEA DE CONFRATERNIDADE PARA O DÍA DA BIBLIOTECA



O Colectivo Lemos Le para conmemorar o Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro; organiza por segundo ano unha cea de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación.

A cea está aberta a todas as persoas interesadas que deberán recoller as súas entradas no Museo do Viño ata o día 22 de outubro incluído a un prezo de 20 €.

Con este acto queremos reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos.

Durante a mesma farase entrega dos premios do I Certame de Divulgación Mulleres de Lemos: Inés de Castro correspondentes aos seguintes participantes:
-          1º Premio divulgación: Xosé Martínez Rodríguez
-          1º Premio banda deseñada: Víctor Rodríguez Fernández (IES Daviña Rey)
-          Accésit categoría banda deseñada:
Cristina Fernández Silvosa (IES Daviña Rey)
María Armesto Lucas (IES Daviña Rey)

Ademais convocarase oficialmente a segunda edición dedicada este ano á figura de María Castaña.

Desde o colectivo queremos facer os seguintes agradecementos:
-          Ao CIM (Centro de Información á Muller) polo desenvolvemento dos obradoiros  Inés de Castro: Unha muller para o 8 de marzo;  facendo fincapé na publicación do libro do mesmo título elaborado polos nenos dos centros da comarca de Lemos.

-          Aos Concellos de A Pobra de Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao e Sober así como ao Centro do Viño, A Troula e ás librerías Agrasar e Fénix pola doazón dos premios.

-          Ao xurado que desinteresadamente colaborou neste certame:
·         Ángel Arnaiz González
·         Sara Álvarez Otero
·         Manola Porto Arias
·         Humberto Loureiro Argullós

miércoles, 8 de octubre de 2014

REUNIÓN DO COLECTIVO 15/10/2014

LUGAR: A Troula

HORA: 20:00 horas

ORDE DO DÍA:
1) Organización dos premio do I Certame Mulleres de Lemos
2) Día da Biblioteca: cea, esposición de traballos, impresión de adhesivos, deseño do cartel e outros
3) Redacción da nota de prensa sobre o Día da biblioteca
4) Rogos e preguntas

miércoles, 24 de septiembre de 2014

CONVOCATORIA DE REUNIÓN 1/10/2014

LUGAR: A Troula

HORA: 20:00 horas

ORDE DO DÍA:
1) Premios I Certame Mulleres de Lemos: agasallos recadados.
2) Día da Biblioteca: data, lugar, menú, organización e outros.
3) Exposición  dos traballos premiados
4) Rogos e preguntas

miércoles, 17 de septiembre de 2014

REUNIÓN DO COLECTIVO 24/9/2014

LUGAR: A Troula

HORA: 20:00 horas

ORDE DO DÍA:
1) Exposición de traballos: Inés de Castro
2) posibles colaboradores cos premios do I Certame Mulleres de Lemos
3) Invitacións á celebración do Día da Biblioteca: CIM, xurado, escritores, centros de ensino e outros.
4) Nova convocatoria do Certame
5) Rogos e preguntas

jueves, 19 de junio de 2014

lunes, 26 de mayo de 2014

ROTEIRO ARTÍSTICO, HISTÓRICO E LITERARIO POR MONFORTE CON MANUEL MARÍA


    O colectivo organizou un roteiro artístico – histórico – literario sobre a figura do escritor Manuel María en resposta ao ofrecemento que se nos fixo desde a Concellería de Cultura

    Tratouse dunha ruta guiada polo autor desta iniciativa, Xosé Martínez, visitando a Exposición “Por Monforte con Manuel María” e paseando pola cidade do Cabe da man da magnífica guía poética que é o “Cancioneiro de Monforte de Lemos” deste autor con paradas para a lectura dalgúns destes poemas. 
 
   E para rematar o roteiro, fixemos unha ruta gastronómica por algúns dos bares que participan no certame de hostelería Cume Tapas.
 
    Neste roteiro participaron persoas de todos os ámbitos da comunidade educativa así como amigos das bibliotecas e clubs de lectura.

sábado, 17 de mayo de 2014

LEMOS LE NOS MERCADOS DE MONFORTE

    O Concello de Monforte organiza cada fin de semana un mercado temático. No Días das Letras Galegas o espazo do mercado estivo dedicado ás letras e as flores; e como non podía ser doutro modo, este mercado acolleu diversas actividades propostas polo noso colectivo.


    Pola mañá, combinando actuacións musicais con lendas tradicionais da nosa comarca actuaron Os Parentes e Antón Valcarce.


    Pola tarde foi tempo para as bibliotecas escolares a través do "micrófono aberto" no que o público que asisitiu  a este mercado puido ver distintas formas de narración oral que traballamos nos colexios ca que alumnado e profesores participaron contando e representando contos como monologuistas e con representacións teatrais. Tamén levamos ao mercado o Kamishibai.