▼
martes, 17 de diciembre de 2019
domingo, 27 de octubre de 2019
DÍA DA BIBLIOTECA 2019
Para conmemorar o Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro;
o noso colectivo ven de organizar unha cea de confraternidade na que nos reunimos persoas de todos os sectores relacionados coa
cultura, a lectura e a educación da nosa comarca.
Este ano a
reunión tivo lugar no Concello de Ferreira de Pantón, e comezou cunha visita guiada ao Mosteiro de San Miguel de Eiré da man de Flora Enríquez; coa idea de achegarnos máis á muller á que se lle dedicaba este ano o Certame Mulleres de Lemos: Inés Fernández, abadesa de Eiré.
Despois da visita, a xuntanza continuou na Rectoral de Castillón onde Cristina Domínguez Vázquez, Concelleira de Cultura deste concello, e Antón Vidal, representante do Colectivo, nos deron a benvida a todos os asistentes.
Antes de cear tamén puidemos escoitar na voz de Flora Enríquez, o texto co que nos agasallou con motivo desta celebración. Un texto moi emotivo sobre o seu achegamento á biblioteca cando era pequena con especial mención a Milagritos, a bibliotecaria. (Enlace ao texto)
Os participantes nesta xuntanza, levaron como recordo un marcapáxinas con este texto e outro co que o ano pasado nos agasallou Alicia Fernández.
Despois de cear, centrámonos no
VI Certame Mulleres de Lemos. Unha muller para o 8 de marzo adicado, como xa dixemos, a Inés Fernández, abadesa de Eiré.
Para isto, da man
do Centro de Información á Muller, fixemos un visionado do conto baseado
na súa vida escrito por Francisco Javier González Díaz e ilustrado polo alumnado
dos centros de Primaria da Comarca.
Despois desta fermosa proxección, membros do colectivo fixeron
entrega dos premios correspondentes ao Certame Mulleres de Lemos:
1º PREMIO BANDA DESEÑADA
Sara Rodríguez e Alicia Soto
ACCÉSITS BANDA DESEÑADA:
Ximena López
Zeltia Pérez, Claudia Pérez e Ari Valdés
1º PREMIO DIVULGACIÓN
Eugenia Sanmartín pola canción "Inés no penedo" que interpretou en directo
O acto finalizou coa actuación desta cantante de fados que amenizou a velada e coa xa tradicional sesión de fotos que conmemora este día na que se representaba ás tres monxas que quedaron no convento e a Don Diego de Muros.
Desde o colectivo queremos facer os seguintes agradecementos:
- as autoridades que nos acompañaron,
- a Flora Enríquez polo seu texto,
- a Francisco Javier González Díaz polo traballo de documentación sobre Inés Fernández, polo texto do conto e pola organización deste evento,
- ao xurado do certame pola súa colaboración: Anabel Álvarez, Anxo Rigueira e José Luis Ramos,
- ao CIM por facer posible o obradoiro Unha muller para o 8 de marzo e o visionado do conto durante este xantar,
- a Manola Porto por prestar a súa voz,
- ás entidades colaboradoras Panadería Tarrazo, adega Finca Míllara, Oca Augasantas, a Deputación de Lugo, Imprenta Chuzos, Librería Agrasar e Imprenta Fénix e as Concellos que tamén colaboraron: A Pobra do Brollón, Monforte, O
Saviñao, Sober, Bóveda e especialmente ao noso anfitrión o Concello de Ferreira de Pantón.
jueves, 24 de octubre de 2019
FLORA ENRÍQUEZ: texto agasallo para o Colectivo Lemos Le no Día da Biblioteca 2019
MILAGRITOS
Tiven o privilexio de nacer nunha vila que tiña biblioteca. Unha tarde da
primavera de hai máis de cincuenta anos, o meu avó levoume a coñecela. Estaba
situada nun pazo no centro da parte máis
vella da vila. Mira, dicía o meu avó, este é un edificio importante, é un pazo,
ten máis de douscentos anos. A coñecida como a
Casa do Castro era tan grande que,
ademais da biblioteca, alí estaban o xulgado, as oficinas municipais e a nosa
escola, a escola de nenas, e tamén acollía unha vivenda particular.
No traxecto dende a nosa casa, o meu avó non
paraba de lembrarme que nas bibliotecas non se falaba, nin se cantaba, nin se
podía saltar polas mesas. É coma na
igrexa? Imos a unha misa?, preguntaba eu con certo temor. Non, pero hai que portarse ben.
Subimos por unha escaleira que, co tempo, decateime
de que era dunha gran suntuosidade, propia dunha casa fidalga, pero daquela apenas
reparei nela. Eu seguía coa teima
de que tiña que estar calada, moi caladiña. Case tiña medo!
Pero os meus temores desapareceron ó entrar. Había
alí outros nenos e nenas, algúns xa
mozos, lendo, falando baixiño ou collendo libros dos estantes. Todos
semellaban tranquilos e
entretidos, pero o que en verdade me tranquilizou foi o sorriso de Milagritos,
a bibliotecaria, e a amabilidade coa que nos falaba. Explicounos a historia
daquel lugar, ensinounos moitos libros, grandes e pequenos, con debuxos e con mapas, e o mellor de todo foi que me fixo un carné de
socia. Considereime unha nena importante.
Era certo! Había que estar con respecto, aquel
lugar era case unha igrexa, era un
templo onde se agachaban as historias que marcarían a nosa infancia, a nosa adolescencia
e case toda a nosa vida. Aquiles, Ulises, o cabalo de Troia, os deuses de
Grecia e Roma, a tumba de Tutankamon, os mouros que vivían nos castros, os
tesouros incas... foron o centro dos meus soños, e os doutros moitos nenos e nenas que, ó saírmos da
escola, iamos sempre á biblioteca, onde Milagritos nos agardaba cun gran sorriso,
e case sempre con algunha lambetada.
Flora Enríquez
Día da Biblioteca 2019
viernes, 18 de octubre de 2019
martes, 8 de octubre de 2019
DÍA DA BIBLIOTECA 2019
Para conmemorar o Día
da Biblioteca
que se celebra o 24
de outubro;
organiza por sétimo
ano unha
cea
de
confraternidade
para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a
educación. Nesta
ocasión, acollerá
o acto o
Concello
de Pantón
xa que a homenaxeada deste ano é natural do mesmo.
Con
esta
conmemoración
queremos reivindicar a importancia do papel
das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores,
lugar de encontro e centros de información e recursos.
A
cea será o
día 26
de outubro
na
Rectoral
de Castillón
a
partir das 21:30
horas,
quen
desexe
asistir poderá
recoller a súa entrada nas
Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra de Brollón, Bóveda,
Pantón,
Saviñao
e
Sober
ou
nas bibliotecas escolares do colectivo, no IES Daviña Rey ou no
propio restaurante ata
o día
18
de outubro incluído
a
un prezo de
22
€.
A
cea contará coa actuación da cantante de fados e mornas Eugenia
Sanmartín.
Xa
que durante esta cea tamén se fará
entrega dos premios do VI Certame de Divulgación
Mulleres de Lemos: Inés Fernández, abadesa de Eiré.
Unha muller para o 8 de marzo;
as persoas que o desexen
poderán participar nunha visita guiada á Igrexa de San Miguel de
Eiré o mesmo día, ás
19:00 horas.
Este
ano contaremos coa colaboración literaria
de
Flora
Enríquez
que nos agasallará
cun texto para conmemorar o Día das Bibliotecas. A
súa colaboración súmase á de outros
autores da comarca de Lemos que participaron en pasadas edicións:
Olga
Novo, Manuel Veiga, Lois Diéguez, Ramón Sandoval, Xabier Quiroga e
Alicia
Fernández.
martes, 24 de septiembre de 2019
VI CERTAME MULLERES DE LEMOS: AMPLIACIÓN DE PRAZO
Amplíase ao 15 DE OUTUBRO o prazo do VI Certame Mulleres de Lemos convocado por este colectivo coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras relevantes na historia das Terras de Lemos.
Recordamos que o certame está dedicado a Inés Fernández, abadesa de eiré no século XV, como representante do poder das mulleres nos conventos de Galicia na época medieval xa que incluso chegou a enfrontarse ás normas ditadas polos Reis Católicos.
As modalidades nas que se amplía o prazo son:
- BANDA DESEÑADA: para Secundaria e Bacharelato na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo que plasme a historia de Inés Fernández (extensión mínima: 2 páxinas)
- DIVULGACIÓN: modalidade destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do Certame (extensión máxima 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12)
lunes, 16 de septiembre de 2019
CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 18/09/2019
LUGAR: BIBLIOTECA IES DAVIÑA REY
HORA: 20:00
ORDE DO DÍA:
1) Día da Biblioteca 2019: organización do xantar, deseño do cartel, puntos de lectura conmemorativos e elección do escritor convidado.
2) Certame Mulleres de Lemos: exposición de traballos premiados e premios.
3) Difusión da conmemoración: nota de prensa e distribución de carteis.
4) Rogos e preguntas
HORA: 20:00
ORDE DO DÍA:
1) Día da Biblioteca 2019: organización do xantar, deseño do cartel, puntos de lectura conmemorativos e elección do escritor convidado.
2) Certame Mulleres de Lemos: exposición de traballos premiados e premios.
3) Difusión da conmemoración: nota de prensa e distribución de carteis.
4) Rogos e preguntas
jueves, 20 de junio de 2019
jueves, 30 de mayo de 2019
CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 5/6/2019
LUGAR: IES Daviña Rey
HORA: 20:00
ORDE DO DÍA:
1) Recomendacións lectoras verán 2019
2) Rogos e preguntas
HORA: 20:00
ORDE DO DÍA:
1) Recomendacións lectoras verán 2019
2) Rogos e preguntas
lunes, 11 de marzo de 2019
V CERTAME MULLERES DE LEMOS: ENTREGA DO CONTO E VISIONADO
As bibliotecas escolares dos centros públicos e concertados da Comarca de Lemos, participan no Certame Mulleres de Lemos organizado polo noso colectivo coa finalidade de dar a coñecer e promover figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
O V Certame Mulleres de Lemos estivo dedicado a Genoveva González Prieto unha mestra do século XX do concello de Bóveda comprometida coa ensinanza na Galiza rural.
Unha das actividades deste certame é o obradoiro que se desenvolve en
colaboración co CIM (Centro de Información á Muller)
de Monforte de
Lemos e que consta nun traballo de reflexión sobre a vida desta mestra e
a época á que pertence; e a posterior elaboración dun libro coas ilustracións feitas por alumnos de todos os centros públicos e
concertados da Comarca de Lemos.
Hoxe o Centro de Información á Muller de Monforte de Lemos fixo entrega de varios exemplares do libro resultante Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de marzo ás Bibliotecas Públicas Municipais e ao alumnado dos centros participantes no obradoiro
Ademais de recoller o libro, puidemos ver a proxección do conto coa voz en off da xornalista Manola Porto.
Desde o Colectivo queremos agradecer a colaboración do CIM en cada convocatoria deste certame así como o traballo que leva a cabo para facer posible a publicación en papel do conto.
Tamén queremos facer un agradecemento a Manola Porto por colaborar neste proxecto coa súa voz.
Tamén queremos facer un agradecemento a Manola Porto por colaborar neste proxecto coa súa voz.
viernes, 8 de marzo de 2019
VI CERTAME MULLERES DE LEMOS. INÉS FERNÁNDEZ. ABADESA DE EIRÉ.
O
Colectivo
Lemos Le
para conmemorar o Día
da Muller
que se celebra o 8
de marzo;
organiza por sexto ano o Certame
Mulleres de Lemos
coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas
relevantes na historia das Terras de Lemos.
O
Certame deste ano estará dedicado a unha muller do Concello de
Pantón:
Inés
Fernández,
abadesa
de Eiré no século XV.
Propoñemos a esta muller como representante do poder das mulleres
nos conventos de Galicia na época medieval xa que incluso chegou a
enfrontarse ás normas ditadas polos Reis Católicos.
As
actividades que levaremos a cabo serán as seguintes:
- O obradoiro “Inés Fernández. Abadesa de Eiré. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a súa vida e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión.
- VI Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para Secundaria e Bacharelato na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo que plasme a historia de Inés Fernández (extensión mínima: 2 páxinas).
- VI Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).
viernes, 22 de febrero de 2019
CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 26/02/2019
LUGAR: BIBLIOTECA IES DAVIÑA REY
HORA: 20:00
ORDE DO DÍA:
1) Organización do V Certame Mulleres de Lemos adicado nesta edición a Inés Fernández, abadesa de Eiré no século XV como representante do poder das mulleres nos conventos de Galicia na época medieval: deseño do cartel, revisión das bases e difusión
2) Rogos e preguntas
HORA: 20:00
ORDE DO DÍA:
1) Organización do V Certame Mulleres de Lemos adicado nesta edición a Inés Fernández, abadesa de Eiré no século XV como representante do poder das mulleres nos conventos de Galicia na época medieval: deseño do cartel, revisión das bases e difusión
2) Rogos e preguntas
jueves, 7 de febrero de 2019
CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 12/02/2019
LUGAR: BIBLIOTECA IES DAVIÑA REY
HORA: 20:00
ORDE DO DÍA:
1) Certame Mulleres de Lemos 2019 (concello anfitrión Pantón): elección da muller á que se lle adicará esta edición do Certame.
2) Rogos e preguntas
HORA: 20:00
ORDE DO DÍA:
1) Certame Mulleres de Lemos 2019 (concello anfitrión Pantón): elección da muller á que se lle adicará esta edición do Certame.
2) Rogos e preguntas