La Voz de Galicia, 27/10/2016
▼
jueves, 27 de octubre de 2016
miércoles, 26 de octubre de 2016
LOLA DE PENELAS NO C.E.I.P. PLURILINGÜE VIRXE DO CARME
Os traballos presentados ao III Certame Mulleres de Lemos na categoría de Banda Deseñada, xa están expostos no C.E.I.P. Plurilingüe Virxe do Carme.
Tamén as ampliacións coas imaxes máis destacadas de cada un deles.
domingo, 23 de octubre de 2016
DÍA DA BIBLIOTECA - 24 / 10 / 2016
Por cuarto ano, o noso colectivo ven de organizar un xantar de confraternidade para conmemorar o Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro;
no que nos reunimos persoas de todos os sectores relacionados coa
cultura, a lectura e a deucación da nosa comarca. Nesta ocasión a
reunión tivo lugar no Concello de Sober.
Despois de xantar tomou a palabra Luis Fernández Guitián, alcalde do Concello anfitrión para darnos a benvida ao Colectivo e a todas as persoas asistentes.
Pero é imprescindible para fomentar a lectura e para as bibliotecas a
existencia de escritores e escritoras. Para esta xuntanza, editamos un
marcapáxinas co texto co que o ano pasado nos agasallou Xabier Quiroga: A miña biblioteca, a miña casa.
Este ano temos a honra de que o agasallo veña da man de Lois Diéguez que nos acompañou e nos fixo chegar o texto: A estrela azul de MM.
Un escritor da comarca cunha extensa bibliografía que abrangue moitos
xéneros literarios e que foi recoñecido con varios premios ao longo da
súa carreira.
Ademais tamén nos agasallou cun dos vinte exemplares do libro: OS FIDALGOS DE MONFORTE, de Benito Vicetto. Editorial Tris Tram, traducido ao galego por Isidro Novo.
Despois de escoitar o texto na voz do propio autor, centrámonos no Certame Mulleres de Lemos adicado a Lola de Penelas. Para isto, da man do Centro de Información á Muller, fixemos un visionado do conto baseado na súa vida escrito por Paula Vázquez Verao e ilustrado polo alumnado dos centros de Primaria da Comarca.
Despois desta fermosa proxección fíxose entrega dos premios correspondentes ao Certame Mulleres de Lemos
1º PREMIO BANDA DESEÑADA pola innovación técnica, pola narración sen necesidade de palabras e polo uso da linguaxe do cómic foi para Raúl Rodríguez que non puido acompañarnos no xantar.
ACCÉSIT BANDA DESEÑADA pola coidada presentación, polo seu estilo persoal demostrado ao longo dos anos e pola áxil narración foi para Víctor Domínguez.
PREMIOS CATEGORÍA DIVULGACIÓN
A Paula Vázquez Verao, autora do texto ilustrado Lola de Penelas. Unha muller para o 8 de marzo e ao CIM pola súa importante labor de difusión das Mulleres de Lemos entre os Centros de Primaria.
Con esta entrega de premios damos por rematado o III Certame e adiantamos que a IV edición terá como protagonista a unha muller do Concello de O Saviñao.
Para finalizar queremos facer os seguintes agradecementos:
- a Lois Diéguez polo seu texto,
- ao xurado do certame pola súa colaboración: Ángel Arnaiz e Jorge Granjel,
- ao CIM por facer posible o visionado do conte durante este xantar e a Manola Porto por prestar a súa voz,
- a Xurxo Ayán gañador do segundo certame pola súa presenza e as súas verbas,
- ás entidades colaboradoras: Imprenta Fénix, Librería Agrasar, Chuzos e Consorcio da Turismo da Riberia Sacra,
- ás autoridades que nos acompañan e
- aos concellos participantes: Bóveda, Monforte, A Pobra do Brollón, O Saviñao e especialmente ao noso anfitrión o Concello de Sober.
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!
sábado, 22 de octubre de 2016
LOIS DIÉGUEZ: A ESTRELA AZUL DE MM
MM foise un día de outono camiño de Venus, e alí ficou. Os amantes dos seus libros din que á beira da grande estrela azul apareceu outra máis pequena de cor vermella, e que se a miras intensamente saen dela páxinas de letras que contan os segredos que ninguén sabía decifrar. E que senten a tenrura e usan o sorriso. Mais os outros, os demais, seguen afirmando que prefiren esas pequenas máquinas das que non sacan os ollos nen as mans. Coñécense ben porque de tanto mirar para elas, para as máquinas, quedoulles a cabeza torta para un lado. As rúas ficaron ateigadas de xentes coa cabeza torta para un lado. E xa non son quen de ver a estrela vermella que nos dá a capacidade da emoción. E a liberdade.
Lois Diéguez
Sober, 22 outubro do 2016
Para o Colectivo Lemos no Día da Biblioteca
Agradecemos a Lois Diéguez este texto, agasallo para o Colectivo Lemos Le no Día da Biblioteca - 2016
lunes, 17 de octubre de 2016
CONVOCATORIA DE REUNIÓN: 19/10/2016
LUGAR: IES Dviña Rey
HORA: 20:30
ORDE DO DÍA:
1) Día da Biblioteca 2016: marcapáxinas, exposición de traballos premiados, premios e organización do xantar
2) Elección da protagonista do IV Certame Mulleres de Lemos a proposta do Concello de O Saviñao.
3) Rogos e preguntas
HORA: 20:30
ORDE DO DÍA:
1) Día da Biblioteca 2016: marcapáxinas, exposición de traballos premiados, premios e organización do xantar
2) Elección da protagonista do IV Certame Mulleres de Lemos a proposta do Concello de O Saviñao.
3) Rogos e preguntas